A Xunta propón rebaixas fiscais e unha nova categoría de hiperintensivas a empresas electrointensivas

As medidas van na liña das alegacións realizadas en marzo e buscan "tomar a iniciativa" para que haxa unha "reacción" do Goberno central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A proposta da Xunta de estatuto para as empresas electrointensivas pasa por rebaixas fiscais e unha categorización de "hiperintensivas" para compañías electrointensivas como Alcoa co obxectivo de conseguir un prezo de electricidade que sexa "competitivo". Estas propostas van na liña das alegacións presentadas o pasado mes de marzo polo Executivo galego ao Goberno central sobre o borrador do estatuto, tras ser acordadas con empresas electrointensivas.

Fábrica de Alcoa en San Cibrao.
Fábrica de Alcoa en San Cibrao.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, explicou que con esta iniciativa o Executivo galego "toma a iniciativa" para buscar unha "reacción" do Goberno central. "Levamos un ano esperando por este estatuto de consumidores electrointensivos", critica.

Entre as rebaixas fiscais atópase a supresión do imposto de xeración eléctrica e do céntimo verde, unha redución de cargos de peaxe de transporte, así como unha ampliación de créditos a axudas por compensación de custos de CO2 —pois a Xunta denuncia que o anuncio previsto polo Goberno aínda non se produciu—. A isto débese unir unha poxa de interrumpibilidad que permita prezos estables ás empresas.

Estas medidas teñen como fin que as electrointensivas poidan "competir en igualdade de condicións" coas doutros países, coa meta de "manter o emprego e a actividade".

Agora vaise trasladar a "todos os grupos" para que "haxa unha fronte común por parte de partidos "ante o Goberno". "A Xunta tiña esa responsabilidade de atender ás demandas dos traballadores e impulsar estas medidas para que haxa unha reacción", afirma Francisco Conde.

PROPOSTA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este martes nun acto en Padrón (A Coruña) esta proposta de estatuto para conseguir un prezo da luz "competitivo".

Fontes da Xunta aseguraron que o Executivo galego dá este paso —e remitirá a súa proposta aos partidos de Madrid co fin de que sexa tida en conta polo próximo Executivo estatal— debido a que o Goberno de Pedro Sánchez continúa sen desvelar o contido do borrador do estatuto, cuxa posta en marcha está comprometida para o momento no que se forme goberno.

A intención é que o prezo da luz se sitúe nos parámetros previos a 2018. En concreto, a Xunta alude á necesidade de situarse na contorna de entre 35-40 euros do megawatt por hora, pois agora rolda os 50 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta