CC.OO. reclama á Xunta un pacto pola industria e a enerxía

Delegados sindicais de empresas afectadas concéntranse ante a Delegación do Goberno

Por E.P. | A CORUÑA | 23/10/2019 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O secretario xeral da Federación Estatal de CC.OO. de Industria, Agustín Martín, reclamou un pacto pola industria e a enerxía ante o "descarado" uso da reforma laboral no sector industrial.

Así o expuxo coincidindo coa súa presenza nunha concentración de delegados e delegadas de CC.OO. de Industria ante a Delegación do Goberno en Galicia, na que participaron traballadores de empresas afectadas por anuncios de peche. A protesta tivo lugar tras unha xornada sobre política enerxética celebrada polo sindicato.

Coincidindo con esta concentración, Agustín Martín criticou que o peche de empresas sexa "máis fácil en España que no conxunto de Europa" polo que reivindicou "un compromiso político" e "un pacto" a nivel industrial e enerxético para garantir a continuidade das empresas e o emprego.

Con este obxectivo, asegurou que CC.OO. traballou nun documento que busca pasar do diagnóstico sobre a situación destas empresas a expor medidas. "Manter o que temos", dixo, pero tamén "traballar nas oportunidades" que, na súa opinión, abre a transición enerxética.

"A primeira obrigación dos gobernos é acompañar as empresas nese proceso de transformación", insistiu en referencia ao estatal, pero tamén os executivos autonómicos.

Para iso, considerou necesario derrogar, antes, a reforma laboral, "sobre todo no ámbito dos despedimentos colectivos". "Tense que recuperar a intervencion da administracion nestes procesos e esixir ás empresas o establecemento de plans alternativos", recalcou a este respecto.

SITUACIÓN "DRAMÁTICA" EN GALICIA

Pola súa banda, o secretario xeral de CC.OO. de Industria de Galicia, Víctor Ledo, cualificou de "dramática" a situación industrial en Galicia. "Unha situación como esta non pode quedar á deriva" dixo ao reclamar medidas ao Goberno autonómico, pero tamén ao central.

"Esiximos un pacto de Estado pola enerxía e pola industria, esiximos solucións a curto prazo para Meirama, Endesa, Isowat...", citou, entre outros casos. Ademais, pese ao período electoral, Ledo asegurou que "non estamos en tempo de promesas, estamos en tempo de compromisos concretos".

Por iso, pediu a aprobación "xa" do estatuto electrointensivo, que se poñan en marcha "os mecanismos dunha transición enerxética xusta con medidas de apoio ao emprego" e que a Xunta apoie "firmemente" a entrada dun investidor en Isowat.

Varias persoas, unha cun chaleco de 'Endesa', observan unha caravana de automóbiles e camións mobilizada pola paralización da central térmica de Endesa en de As Pontes diríxese desde esa localidade coruñesa cara á Coruña en protesta polo parón,. M. Dylan - Europa Press
Varias persoas, unha cun chaleco de 'Endesa', observan unha caravana de automóbiles e camións mobilizada pola paralización da central térmica de Endesa en de As Pontes diríxese desde esa localidade coruñesa cara á Coruña en protesta polo parón,. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta