Cáritas en Ferrol ve aumentar o número de persoas sen fogar que utiliza a diario os seus servizos

Desde a ONG aseguran que "nos últimos anos tamén" detectaron " que está a aumentar o número de mulleres que acoden" aos seus servizos, e é "aínda moito menor a porcentaxe con respecto ao número de homes".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2019 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A directora do Centro de Inclusión Social Grabriel Vázquez Seijas, Irene Rivera, pertencente a Cáritas Diocesanas de Mondoñedo-Ferrol, asegurou que "a situación das persoas sen fogar non esta mellorando, co aumento a diario do número de homes e mulleres que acoden" ao seu centro.

Segundo explicou, en anos anteriores a medida diaria de persoas atendidas situábase ao redor das 50, cando neste mes de outubro hai unha "media de 75". Así, estimou que estes datos son debidos a que "moitas persoas se desprazan a Ferrol motivadas polos tempos de estancia no albergue, superiores a outros da comunidade ", en alusión ao Albergue Pardo de Atín, que xestiona a Fundación Santo Hospital de Caridade no barrio de Caranza, "polos baixos prezos de aluguer e para incorporarse ao mercado laboral". Pero asegurou Rivera que "a realidade é outra, pola pouca dispoñibilidade de vivendas sociais e de aluguer, ademais de ser Ferrol a cidade galega cunha maior taxa de desemprego".

Estas manifestacións realizounas Irene Rivera durante a presentación da campaña de sensibilización das persoas sen fogar, que cada por estas datas pon en marcha a OGN vinculada coa Igrexa católica, baixo a lema 'Ponlle Cara', e na que estivo acompañada de José María Pérez Martínez, vogal de Comunicación e Sensibilización de Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol.

MULLERES E EMIGRANTES

A directora do Centro de Inclusión Grabriel Vázquez Seijas asegurou que "nos últimos anos tamén" detectaron " que está a aumentar o número de mulleres que acoden" aos seus servizos, e é "aínda moito menor a porcentaxe con respecto ao número de homes".

Así mesmo, engadiu que "persoas inmigrantes, que acoden a Cáritas en situación irregular, recentemente chegados de países como Colombia ou Venezuela, e que teñen dificultades para acceder aos servizos públicos, ao carecer de empadroamento, e de toda unha serie de requisitos que dificultan que poidan ter as súas necesidades cubertas".

Entre os servizos que ofrece Cáritas a estas persoas está o programa 'Dentro-fora', que conta con catro pisos de Tránsito a Vida Autónoma (TVA), situados todos eles no municipio de Narón (A Coruña) e que contan coa autorización da Xunta.

ACTOS

Entre os actos para dar visibilidade ás persoas sen fogar, desde Cáritas teñen previsto desenvolver este xoves, 24 de outubro, de 11,30 a 12,30 horas, un paseo por varias rúas de Ferrol, coa lectura do manifesto, no Cantón de Molins, onde chegarase tras partir do Centro de Inclusión Social Gabriel Vázquez Seijas, e interpretarase un tema de Rap a cargo de alumnos de 4º de ESO do Colexio Cristo Rei de Ferrol.

O venres, día 25, a partir das 20,15 horas, haberá un concerto na Concatedral de San Julián, a cargo da soprano Laura Alonso, mentres que o 29 de outubro organizarase unha Xornada de Inclusión Social, no salón de actos do edificio Social do Concello de Ferrol, coa colaboración da administración local.

Rolda de prensa de Cáritas en Ferrol.
Rolda de prensa de Cáritas en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta