Morre o condutor dun vehículo que caeu por un terraplén en Porto do Son

Os bombeiros sacaron o único ocupante do vehículo sen a necesidade de máis medios, pero a persoa estaba xa falecida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O condutor dun turismo faleceu este xoves tras caer por un desnivel cando circulaba pola AC-550, ao paso polo concello coruñés de Porto do Son.

No rescate do único ocupante do turismo participaron os bombeiros barbanceses, mentres que o servizo sanitario de urxencia enviou á zona o helicóptero con base en Santiago, pero nada puido facer por salvarlle a vida.

Este operativo activouse ás 18,30 horas deste xoves despois de recibir o 112 Galicia diversas chamadas de particulares que avisaban dun vehículo fóra da vía e envorcado sobre a maleza dun terraplén.

Con estes datos, os xestores do 112 informaron os Bombeiros de Boiro e Ribeira ante a posibilidade de que houbese unha persoa atrapada no interior. Efectivamente, os bombeiros sacaron o único ocupante do vehículo sen a necesidade de máis medios, pero a persoa estaba xa falecida.

Pola súa banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou á zona un equipo no helicóptero con base en Santiago, pero nada puido facer polo condutor. Neste operativo colaboraron tamén os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Páxina web 112 Galicia
Páxina web 112 Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta