Un incendio nunha aula provoca o desaloxo nun colexio no Barco de Valdeorras a

Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou ao persoal docente, que chamou ao 112 Galicia e evacuou aos pais reunidos nese momento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

Un incendio orixinado nunha aula do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras (Ourense9 obrigou ao equipo docente a desaloxar ás persoas que aínda permanecían no centro despois das clases.

Deste xeito, segundo informa o 112, ninguén resultou ferido e os danos limitáronse ao espazo no que comezou o lume, posiblemente por mor dun fallo nun computador.

Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou ao persoal docente, que chamou ao 112 Galicia e evacuou aos pais reunidos nese momento.

O 112 avisou aos Bombeiros de Valdeorras, así como aos membros do GES e voluntarios de Protección Civil para extinguir as chamas que causaban danos nunha aula de nenos agora baleira.

Así, sobre as 19,00 horas, os efectivos do parque comarcal controlaron o lume que calcinou diverso material. De momento, descoñecen as causas, pero sospeitan dun fallo nun computador.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta