Os prezos industriais protagonizan seu maior descenso en máis de tres anos

A baixada galega é máis acusada que a que se produce de media en España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2019 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Os prezos industriais caeron en Galicia un 4,4% en setembro en comparación co mesmo mes de 2018, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este retroceso supón o maior en Galicia en máis de tres anos, xa que o último dato interanual peor se produciu en maio de 2016 (-5%). Encadea así catro meses consecutivos de diminucións --xuño, xullo, agosto e setembro--.

A baixada galega de setembro é máis acusada que a que se produce de media en España (-3,3%), que tamén rexistra a súa maior caída en tres anos. No acumulado do ano, entre xaneiro e setembro, baixan en Galicia os prezos industriais un 2,2%.

Por comunidades, todas presentaban en setembro taxas interanuais negativas de prezos no sector industrial, especialmente Asturias (-11,1%), Canarias (-10,6%) e Baleares (-10,3%).

Por tipos, en setembro en Galicia a diminución máis acusada prodúcese na enerxía (-12,8%). O resto tamén baixa, menos os bens de equipo (+0,9%). Ao longo de 2019 a enerxía protagoniza igualmente o recorte de prezos (-6,6%).

Variación interanual de prezos industriais en Galicia. EPDATA
Variación interanual de prezos industriais en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta