Rosas no antigo cemiterio de Ferrol en recordo das vítimas de Franco

O senador socialista ferrolán Julio Barros apuntou que este acto foi para "dignificar ás persoas que no seu momento deron a súa vida ou foron represaliados polo réxime Franquista".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2019 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Unha trintena de persoas secundaron na tarde deste venres unha homenaxe ás vítimas do Franquismo na tapia do antigo cemiterio de Ferrol, lugar que acolleu varios fusilamentos, no barrio de Canido, onde tamén se depositaron varias rosas, nun acto organizado polo PSOE de Ferrol con ocasión da exhumación dos restos de Francisco Franco.

"Hoxe é un día no que os socialistas de Ferrol queriamos facer un acto austero pero de merecido homenaxe ás vítimas da violencia franquista que teñen esperado unha longa noite para que o ditador fose expulsado do mausoleo e lugar de honra", asegurou a secretaria xeral do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo.

"Hoxe España é un país cunha democracia máis fermosa, máis consolidada e por iso os socialistas de Ferrol queriamos homenaxear a cada unha das persoas que renderon a súa vida, a súa liberdade ou a súa dignidade para que hoxe vivimos nunha democracia", sinalou.

Beatriz Setayo tamén trasladou, en declaracións aos medios de comunicación, que sente "especialmente honrada como socialista e como secretaria xeral dos socialistas de Ferrol, que algún día foi lamentablemente El Ferrol del Caudillo". "Agora síntome moi satisfeita de que sexa o meu partido, unha vez máis, o que teña colocada a democracia no seu sitio e o ditador expulsado de onde estaba", engadiu.

Neste acto tamén se deu cita o senador socialista ferrolán Julio Barros, que apuntou que este acto foi para "dignificar ás persoas que no seu momento deron a súa vida ou foron represaliados polo réxime Franquista".

Destacou que existe "unha débeda enorme, pero hoxe é un día especial e gratificante, polo acontecido nas últimas horas", despois de que un Goberno socialista, "determinado e firme na defensa da dignidade democrática, logrou sacar ao ditador dun mausoleo feito á súa maior gloria".

Como representante da Asociación de Memoria Histórica, Enrique Barrera, trasladou que "é moi agradable que este partido coloque no debate político a necesidade de dignificar a todas as persoas que están enterradas nas cunetas e que estiveron no cárcere". Desde o seu punto de vista, "hai que saber que a democracia se constrúe desde o recordo".

O PSOE de Ferrol organiza un acto en recordo ás vítimas de Franco
O PSOE de Ferrol organiza un acto en recordo ás vítimas de Franco | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta