Galicia en Común afirma que Reganosa é "un perigo ambiental" e "debe saír" da ría de Ferrol

A candidata ao Congreso por esta formación, Yolanda Díaz, sinala que Reganosa "tamén é un exemplo de corrupción político-empresarial".

Por E.P. | Ferrol | 26/10/2019 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de Galicia en Común ao Congreso por Pontevedra, Yolanda Díaz, reclamou este sábado que a planta de Reganosa en Mugardos "debe saír" da ría de Ferrol por ser "un perigo ambiental" e para "a vida".

Segundo indica, a plataforma galega de Unidas Podemos e Esquerda Unida (EU) para as eleccións do 10 de novembro mantén como "premisas irrenunciables" defender "a vida", a "legalidade xurídica" e a "seguridade ambiental", polo que o futuro para a ría de Ferrol debe ser "sen unha planta regasificadora" situada "á beira" de núcleos de poboación como "unha auténtica bomba de reloxaría".

Ademais, tal e como subliñou Díaz, Reganosa "tamén é un exemplo de corrupción político-empresarial". Neste sentido, lembrou que este xoves a Audiencia Provincial da Coruña iniciou o xuízo contra dous ex altos cargos da Xunta --accionista maioritaria da planta-- aos que Fiscalía acusa "de falsear documentos e ocultar informes contrarios a un dragado irregular" da ría.

Galicia en Común asegura que esta operación "foi ideada para facilitar o tránsito" dos gases ata Punta Promontoiro e realizouse con explosivos "para demoler agullas de roca" no ano 2011 na Costa Ártabra, espazo protexido ambientalmente como lugar de interese comunitario (LIC).

"Levamos xa cinco sentencias do Tribunal Supremo que lle deron a razón ao comité cidadán de emerxencia da ría de Ferrol e, a pesar disto, tanto o Partido Popular como o PSOE tentaron legalizar unha bomba de reloxaría no interior da ría", insistiu Yolanda Díaz.

Así as cousas, Galicia en Común apela a que as eleccións do 10 de novembro configúranse como "a oportunidade de cambiar as cousas". "Temos a posibilidade de defender a legalidade, a seguridade ambiental e que non teñamos que correr riscos", remarcou a candidata por Pontevedra.

A deputada de Galicia en Común Yolanda Díaz atende aos medios de comunicación.. Eduardo Parra - Europa Press
A deputada de Galicia en Común Yolanda Díaz atende aos medios de comunicación.. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Guillerme Gintonic

A alcaldesa de Mugardos, curmá de Yolanda Díaz, que tamen pertence a Izquierda Unida, defenda a Reganosa e ese partido non tomou medida ningunha en contra dela: https://www.galiciapress.es/texto-d...

2 GalizaCeibe

Votar a estes é unha perda de tempo. Todo intento de desenvolvemento industrial e un cancro. E pola contra nunca ofrecen alternativas a nada. Só boas palabras. Alonxados da realidade, non se decatan que Galiza envellece, non ten tecido industrial e está a perder galegos.

1 Valdeorras 44

Yoli y su banda son como el caballo de Atila. Todo lo destruyen, no dejan empresa alguna. Ahora bien, ella sigue cobrando un gran sueldo del dinero de todos, y así quiere seguir hasta la jubilación. Eso sí, a ver si por el medio puede ser también ministra.