Detidas sete persoas na Coruña dunha das maiores redes de distribución de haxix no Estado

En total foron detidas 27 persoas e interviñéronse 550 quilos de haxix.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/10/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

A Policía Nacional desarticulou este luns unha das maiores organizacións de distribución de haxix do estado, nunha operación nas que foron detidas 27 persoas e se interviñeron 550 quilos de haxix.

Do total de detencións, 15 producíronse na Comunidade de Madrid, sete na Coruña, dúas en Málaga, dúas en Córdoba e unha en Huelva. Están acusados de delito de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal, branqueo de capitais, e tenencia ilícita de armas. Na operación tamén se incautaron de 100.000 euros en efectivo, unha pistola real e outra simulada, dúas motocicletas, e demais útiles que utilizaban para a distribución da droga.

A Policía comezou esta investigación grazas á información que lles permitiu detectar a existencia dunha rede de tráfico de estupefacientes. A droga cultivábase en Marrocos e posteriormente era trasladada e distribuída por todo o territorio estatal.

Segundo informa un comunicado, a estrutura desta rede era moi organizada e contaba con extremas medidas de seguridade para evitar a actuación policial. Os membros desta organización descoñecían a identidade doutros suxeitos, e así evitaban ser detectados e que se desarticulase toda a organización.

O núcleo da organización xa foi desarticulado pero a investigación aínda se atopa aberta. A Policía tenta localizar a algúns dos seus maiores compradores e a clientes que eran á súa vez vendedores polo miúdo.

Dous detidos e intervida unha plantación de haxix en Taboadela (Ourense). GARDA CIVIL
Dous detidos e intervida unha plantación de haxix en Taboadela (Ourense). GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta