O presidente do Parlamento galego lamenta que no catalán "non se lexisle" nin se "teñan en conta" as demandas cidadás

Santalices compara a actividade na Cámara galega coa catalá.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/10/2019 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, lamentou este luns que no Parlamento catalán "non se lexisle" nin se "teñan en conta" as demandas dos cidadáns e que se "pisen por enriba" os informes dos servizos xurídicos. 

Miguel Ángel Santalices, nun acto en Vigo
Miguel Ángel Santalices, nun acto en Vigo | Fonte: Europa Press

Preguntado nun acto en Vigo pola situación en Cataluña, o presidente da Cámara galega asegurou que no Parlamento de Galicia "se lexisla, discútese e hai acordos", ao que engadiu que tamén se respectan as decisións dos letrados da cámara "porque levan polo camiño adecuado". "No noso Parlamento non hai matonería política, nin eu a ía consentir tampouco", reivindicou.

"No Parlamento catalán hai todo o contrario. Non se lexisla, non se teñen en conta as demandas da sociedade, písanse por enriba os informes dos servizos xurídicos... É máis, non só se pisan, césase aos xefes dos servizos xurídicos cunha clara intención de pasar por enriba do que eles advertiron", criticou Santalices en relación ás sentenzas do 'procés'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

No Parlamento de Santalices fálase das camisetas... eso sí que é lexislar !!!