Cando os mortos marchan ao outro mundo falando en galego
No cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño as campas están escritas na lingua de Rosalía. Alí terá lugar este venres un acto para reivindicar a aqueles que queiran "que a súa despedida vital, funerais e todas as cerimonias de despedida da vida sexa feitas en galego".