A Xunta tamén fai campaña nos centros galegos de Cataluña

Di que "está preocupada" pola "situación social que están a vivir" e denuncia que desde 2016 a hoxe hai 3.750 galegos menos vivindo alí.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse este mércores con representantes de entidades galegas en Cataluña aos que trasladou "o apoio unánime e a solidariedade da sociedade galega ante a complexa situación social que están a vivir".

A través dunha nota de prensa, a Xunta informa de que o encontro o celebrou co presidente da Asociación Centro Galego e Casa de Galicia de Barcelona e Provincia, Domingo Balboa, e co seu homólogo do Centro Galego de Tarragona, José Lago.

O representante do Goberno autonómico mostrou "a súa preocupación pola situación actual dos galegos que residen en Cataluña ante as consecuencias que está a deixar o conflito aberto polo independentismo".

Así, aproveitou para reiterar "a necesidade de impulsar a unidade para fortalecer ás diferentes asociacións e centros galegos en Cataluña".

No conxunto de Cataluña están censados, segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2019, un total de 69.058 galegos, segundo resalta a Xunta, "máis de 1.200 menos que en 2018, cando había 70.277; máis de 2.500 menos que en 2017, cando eran 71.565 e 3.750 menos que en 2016, cando a cifra ascendía aos 72.808".

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, en Cataluña. XUNTA
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, en Cataluña. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta