A DGT prevé uns 480.000 desprazamentos na rede viaria galega durante a ponte de Todos os Santos

Os puntos máis conflitivos estarán nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2019 | Actualizada ás 09:37

Comparte esta noticia

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé uns 480.000 desprazamentos na rede viaria galega do noroeste, onde se sitúa Galicia, con motivo da operación especial de Todos os Santos que comeza este xoves.

En concreto, segundo os datos da DGT, recollidos por Europa Press, Galicia rexistrará sobre un dez por cento dos 4.820.000 movementos previstos na rede viaria española entre as 15,00 horas deste xoves e as 24 horas do domingo 3 de novembro.

As estradas con maior intensidade de tráfico nesta operación especial de tráfico na Comunidade galega corresponderán, indica a DGT, á autoestrada AP-9; así como á A-6, A-52, A-55, N-550 e N-634.

PUNTOS CONFLITIVOS

Tráfico avisa aos condutores dunha ducia de puntos conflitivos na rede viaria de Galicia, a maioría deles na provincia da Coruña, onde se concentran na entrada á cidade herculina, así como en accesos a Santiago pola N-550 e AP-9.

Na provincia de Ourense advirte de puntos conflitivos en accesos á cidade das Burgas pola N-525 e zona comercial; mentres que na de Pontevedra avisa de dúas na A-52 na ligazón coa A-55 no Porriño, e na entrada a Vigo. Pola súa banda, na de Lugo, a advertencia sitúase na A-8, no alto do Fiouco entre Mondoñedo e Abadín, por mor das condicións meteorolóxicas.

Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra
Autoestrada AP-9, na entrada á ponte de Rande, procedente de Pontevedra | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta