Os sindicatos convocan o 28 de novembro unha mobilización pola reindustrialización de Ferrolterra

Alertan de que a crise "se prolonga desde o ano 2008".

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 31/10/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Os sindicatos CIG, CC.OO. e UGT convocaron unha mobilización para o 28 de novembro a favor da reindustrialización de Ferrol, Eume e Ortegal, ante a "crise" que está a vivir a comarca.

Protesta contra o peche da planta de Poligal en Narón.
Protesta contra o peche da planta de Poligal en Narón.

"Estamos completamente esquecidos neste ámbito polas administracións e estamos a atravesar unha crise que se prolonga desde o ano 2008", asegurou o secretario comarcal de UGT en Ferrol, José Antonio Díaz, xunto cos seus homólogos na CIG, Manel Grandal, e CC.OO., Santiago Díaz.

O representante lembrou que "hai catro ou cinco anos se produciu unha suba do emprego na comarca, pero esta non deixa de ser estacional", con problemas en Navantia e Endesa ou o peche de empresas como Poligal, Iris, Elinco ou Pizarras Campo. "Temos que darlle unha solución, xa que agás un milagre, Navantia vai ter unha parada de dous anos, onde Gamesa polo momento só ten un ano de garantía de emprego".

Desde a CIG, Manel Grandal denunciou que a situación é "insoportable" e, pola marcha dos mozos, a comarca conta con "poboación moi envellecida".

"Parece que nos leva a unhas comarcas que teñen que morrerse por inanición, un camiño polo que nos están levando e onde os índices de pobreza na nosa cidade están por enriba das do resto de Galicia".

Grandal avogou por "manter e potenciar o sector naval", ademais da necesaria "diversificación" dunhas infraestruturas "acordes con estes tempos", onde "xa non valen máis promesas", senón "obras con orzamentos definidos e con prazos reais de execución".

Por último, Santiago Díaz referiuse á situación de empresas como Alcoa San Cibrao ou Megasa, "en risco" a falta de contar co Estatuto electrointensivo.

O representante de CCOO realizou tamén un chamamento a todos os partidos políticos para "defender a todos os seus representados e que viven nestas comarcas, aos seus cidadáns, xa que a falta de postos de traballo na industria tamén repercute nos outros sectores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Lorena

Vendrá Yoli Procesiones a repartir besitos y a salir en la foto