Temas: DROGA CANNABIS

O consumo de cannabis en Galicia é menor que a media española

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/10/2019 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

O consumo de cannabis en Galicia é menor que a media española. É unha das conclusións recollidas no libro 'O Consumo de Cannabis e os seus Derivados', presentado este xoves na Fundación Galega Contra o Narcotráfico, no que se indica que a pesar de estar catro ou cinco puntos baixo da media estatal, rexistrouse un lixeiro aumento.

Fumando cannabis
Fumando cannabis | Fonte: Chmee2 en Wikipedia.

A porcentaxe de consumo en adolescentes pasou dun 13,1 por cento en 2015 a un 15,5 por cento en 2017, mentres en España apenas variou. Doutra banda, este é maior nas franxas de idades máis temperás que en adultos.

Neste sentido, os comezos danse en idades moi precoces, segundo o estudo, que indica que o primeiro contacto dáse sobre os 15 anos.

Temas: DROGA CANNABIS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galeguiña

Aquí coa Estrella Galicia e o licor café temos dabondo.