Rajoy volve a Galicia de campaña electoral

Tamén virá o presidente do PP, Pablo Casado, aínda que non coincidirá co expresidente do Goberno.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/11/2019 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

O  expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, participará na campaña das Xerais o vindeiro martes en diferentes actos dos 'populares' na provincia de Pontevedra. En concreto, visitará Pontevedra e Vigo, e previamente será Pablo Casado quen visite Galicia, nun acto este sábado en Lalín no que se esperan unhas 2.000 persoas.

Rajoy e Feijóo
Rajoy e Feijóo | Fonte: Europa Press

O secretario  xeral do PPdeG, Miguel  Tellado, avanzou a presenza do exmandatario, "unha honra" para os populares galegos e para "moitos españois que hoxe botan de menos o seu sentido común fronte á política frívola de Pedro Sánchez".

"En ambos os sitios -Pontevedra e Vigo- recibirá o agarimo dunha cidadanía que sabe que ten moito peor presidente do Goberno agora que hai dous anos e que Galicia perdeu un grande aliando na Moncloa, o mesmo día que gañaron os independentistas, os nacionalistas e os populistas", sinalou.

Pola súa banda, destacou que o candidato popular á Presidencia, Pablo Casado, terá a ocasión de demostrar ser mellor presidente que Sánchez "se os cidadáns lle dan a súa confianza" para partir do 10 de novembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta