Pontón reivindica "a forza imparable das mulleres" e pide apoio para avanzar contra a violencia machista

Máis de 40 mulleres acompañan ás candidatas do BNG nunha concentración ante os xulgados de Compostela

Por E.P. | Compostela | 01/11/2019 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou este venres "a forza imparable das mulleres" e pediu o apoio dos cidadáns para que Galicia siga á vangarda contra a violencia machista e poida levar as súas propostas ante o Congreso dos Deputados.

Pontón e as candidatas Carme da Silva e Olalla Rodil estiveron acompañadas por máis de corenta mulleres ante os xulgados composteláns de Fontiñas no primeiro día de campaña para os comicios estatais do 10 de novembro, para así celebrar a forza das "galegas, feministas e loitadoras pola igualdade" e reclamar máis recursos contra a violencia de xénero.

Neste sentido, lembrou que aínda "queda moito por facer" en materia de violencia e desigualdade, como a "brecha salarial" e a participación e visibilidade da muller en ámbitos como a cultura, o deporte ou a participación social.

A portavoz do BNG insistiu en situar no debate e a axenda pública "a loita" contra esta secuela "hoxe máis que nunca", ante os diferentes pactos do Partido Popular con forzas "que queren dar pasos atrás" na loita contra a violencia machista e "mesmo cuestionando a súa propia existencia".

"Pactando con quen nega a realidade da violencia de xénero non está á beira das mulleres, está á beira dos que queren manter unha sociedade desigual e patriarcal", advertiu. Así mesmo, reclamará "a asistencia gratuíta para as vítimas" e criticou as sentenzas e fallos xudiciais que cualifican de agresión sexual o que "é unha violación", amparando así "ao agresor no canto de defender ás vítimas"..

Olalla Rodil, Ana Pontón e Carme da Silva nun acto do BNG
Olalla Rodil, Ana Pontón e Carme da Silva nun acto do BNG | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta