Temas: FOLGA

Galicia, quinta autonomía con máis folgas convocadas entre xaneiro e xullo

Houbo, en total, 51 folgas, segundo o Ministerio de Traballo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/11/2019 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou entre xaneiro e xullo un total de 51 folgas, nas que participaron 11.190 persoas, segundo datos publicados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social consultados por Europa Press.

Máis de 200 educadoras infantís concéntranse en Vigo na xornada de folga por un convenio digno
Máis de 200 educadoras infantís concéntranse en Vigo na xornada de folga por un convenio digno | Fonte: Europa Press.

En números absolutos, Galicia é a quinta comunidade autónoma na que máis folgas se rexistraron entre xaneiro e xullo deste ano, superada polo País Vasco (157), Cataluña (93), a Comunidade de Madrid e Navarra, ambas as dúas con 69 cada unha.

Así mesmo, foi a quinta comunidade en número de traballadores participantes nas folgas, situándose por detrás de Cataluña (47.772), País Vasco (41.950), a Comunidade de Madrid (25.637), e Andalucía (14.828).

A información ofrecida refírese a todas as folgas e peches patronais das que se tivo coñecemento, exista ou non constancia administrativa previa da súa convocatoria, agás as que non implican xornadas non traballadas, como as chamadas folgas de celo; as de duración inferior a unha hora, as que se refiren a actividades convencionalmente non produtivas —como as folgas de estudantes—, e as que afectan a colectivos sen dereito a folga, como o persoal militar e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Estes datos foron contabilizados polo Ministerio de Traballo a partir dos cuestionarios que cumprimentan, para cada unha das folgas ou peches empresariais, as unidades administrativas competentes das comunidades autónomas e o propio ministerio.

A unidade folga, obxecto da estatística, asóciase á unidade de convocatoria, independentemente do seu ámbito territorial, sectorial e temporal, así como do seu carácter continuo ou descontinuo, segundo detalla o Ministerio.

Temas: FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta