Temas: 10N CIUDADANOS

Ciudadanos Galicia di ser a única solución "ao bloqueo"

As candidatas galegas prometen a "equiparación salarial entre policías e gardas civís con Mossos e Ertzaintza".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2019 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Os candidatos de Ciudadanos ao Congreso por Galicia aseguraron que o seu partido é "a única solución ao bloqueo político" de España, que necesita un "proxecto de futuro e de Estado", algo que "o PSOE non ten".

Ciudadanos Galicia despois de reunirse co Sindicato Unificado de Policía e a asociación de Justicial Salarial Policial
Ciudadanos Galicia despois de reunirse co Sindicato Unificado de Policía e a asociación de Justicial Salarial Policial | Fonte: Europa Press

Así o manifestou este sábado a candidata por Pontevedra, Beatriz Pino, na sede do seu partido en Galicia. Cre que "o debate a sete" da noite deste venres "deixou claro" que "o PSOE non ten proxecto", porque durante o debate "non se definiron, nin se decantaron nin contestaron as preguntas de Inés Arrimadas".

Pino —xunto coa candidata pola Coruña, María Vilas e a de Ourense, Inés Iglesias— tamén mostrou o seu "apoio" ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado despois de reunirse na mesma xornada co Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a asociación Xustiza Salarial Policial (Jusapol).

Un día despois de dar comezo a campaña electoral as galegas comprometéronse a realizar unha "equiparación salarial entre policías e gardas civís con Mossos e Ertzaintza" se Ciudadanos goberna.

Ao seu xuízo, "non é xusto que un policía ou un garda civil cobre entre un 20% e 30% menos que un policía autonómico" e que esta "desigualdade" leve haciendose efectiva durante "máis de 30 anos".

CATALUÑA

Respecto dos dous policías galegos feridos durante os disturbios de Cataluña o 18 de outubro, María Vilas quixo "trasladar a súa preocupación polo estado de saúde" dos axentes.

Cre que as imaxes que chegaron "estes últimos días desde Cataluña son dramáticas" e tamén se mostrou preocupada tanto pola "seguridade" como polo "futuro" de Galcia.

Temas: 10N CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta