O que non se conta das enquisas: o gran efecto Vox en Galicia

PP e PSOE dispútanse o primeiro posto nas xerais. Unidas Podemos mantería os seus edís. O BNG podería volver ao Congreso e a ultradereita facerse cun deputado. Todo depende de se Ciudadanos se afunde definitivamente.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/11/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Este luns é o último día para publicar enquisas electorais e todas elas coinciden nunha cousa: a indecisión dos electores, da que dependerá, en certa medida o afundimento de Ciudadanos, e o auxe da ultradereita de Vox. Un fenómeno que acontece en todo o estado, pero que, curiosamente, algúns dos distintos inquéritos publicados en Galicia evitan citar.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun mitin en Lugo. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun mitin en Lugo. BNG

Así, mentres que o estudo demoscópico do Grupo Voz, Sondaxe, non lle dá ningún escano a Vox en Galicia, outra enquisa realizada para Prensa Ibérica –Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña--, apuntan que a ultradereita podería sacar un parlamentario pola Coruña. Un feito que se entende polo afundimento de Ciudadanos en Galicia, que podería perder as súas dúas actas.

Deste xeito, o panorama electoral en Galicia semella moi complexo porque os distintos inquéritos apuntan a un empate técnico entre PP e PSOE en Galicia – aínda que un poida sacar un escano máis que o outro, xa que se moven entre os nove e dez escanos--. Tamén destacan a presenza xa consolidada de Unidas Podemos, que se presenta como Galicia En Común. Esta forza mantería os seus dous deputados actuais –algunhas sondaxes danlle ata tres-- e se afianza como a terceira forza galega.

OS INDECISOS

A partir de aí hai baile entre as enquisas, xa que a suposta caída de Ciudanos na Coruña e Pontevedra poden variar os resultados. As sondaxes insisten no grande índice de indecisos, que son os que, finalmente marcarán o que acontecerá o vindeiro 10 de novembro. E neste escenario cambiante hai varias posibilidades: que o BNG poida volver a Madrid con ata dous escanos, ou que non consiga ningún, igual que Vox ou Ciudadanos que se moven entre 0 e 1.

Santiago Abascal, presidente de VOX  nun mitin de Vox en Vigo
Santiago Abascal, presidente de VOX nun mitin de Vox en Vigo | Fonte: EP

O que si rexistran os estudos demoscópicos é unha suba en intención de voto ao BNG e á ultradereita. De feito, son as dúas formacións que máis soben en Galicia. Tanto os inquéritos de Público, El Diario ou o CIS, que non lle dan escanos a ningunha destas formacións en Galicia, como as de El País, Prensa Ibérica e Grupo Voz, que si llelo dan, coinciden no aumento da valoración e da intención de voto para o Bloque e para Vox. Pero, a pesar deste aumento, algún dos dous partidos –ou os dous dependendo se os indecisos de Ciudadanos manteñen o seu voto-- poden quedar sen representación.

COMPETICIÓN ENTRE VOX E O BNG

De cumplirse estes pronósticos o mapa electoral en Galicia podería mudar significativamente, xa que suporía a consolidación da ultradereita nunha nacionalidade histórica, algo que non acontece en Euskadi. Unha ultradereita que competiría por facerse co cuarto posto co BNG, unha forza agora en ascenso, pero que está moi lonxe daquela formación que chegou a ocupar o segundo posto na Cámara galega co 25% dos votos e 18 escanos.

OS PROBLEMAS DO PP

Pero a presenza de Vox también suporía un importante problema para o PP xa que o seu ascenso en Galicia tamén pode ter reflexo nas vindeiras eleccións galegas. Uns comicios que se presentan moi axustados e nos que Feijóo podería precisar dos apoios dunha formación á que varias veces repudiou para poder seguir ao fronte da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 Entusiasmo

Tiene que salir Vox para echar a Feijoo, por traición a España y notoria villanía, para que no nos sigan imponiendo el gallego desde la Xunta, para acabar con esa caricatura de parlamento autonómico: descentralización administrativa si, porque es la que cunde a la población; fuera la descentralización política que es la que nos arruina para mantener una casta de vividores de la política con sus chiringuitos ¡Viva España siempre!

1 Sentidiño

¡Ostras, Pedrín! ¡Sus, y a ellos! ¡No son molinos sino gigantes, amigo Sancho!... ou como dicía Forges o da Fonsagrada: "- ¡O sus rendís, o sus tomamos al asalto!".

5 Casoplon con criadas galegas

Inquérito de DYM Para o Parlamento de Galicia (Faro de Vigo) 41,6 % Partido Popular - baixa 6 puntos 20,7 % Partido Socialista - gaña 2,8 puntos 17,3 % Bloque Nacionalista Galego - gaña 9 puntos!!!! 7,8 % Grupo Común da Esquerda* - perde 11,3 puntos 6 % Vox - 3 % En Marea - perde 16,1 puntos 1,9 % Ciudadanos - perde 1,4 puntos, a metade do seu electorado.

4 Gamela

Dende o primeiro minuto dixemos que ao PSOE lle viña moi ben o ascenso de VOX en Galicia! Non esquezades que o Auditorio Mar de Vigo con 1400 butacas foi alugado a Vox por Abel Caballero (actual propietario do Auditorio) ! http://xornaldevigo.gal/vigo-e-cont... Ogallá non levemos unha sorpresa de carallo !!!

1 De Galicia

La leche. Como si no fuera obligación de un concello alquilar una sala de auditorio a quien quiera en igualdad de condiciones.

2 Gamela

As "obrigas" de Abel Caballero sonche moi particulares ! Hai un par de meses negóulle o permiso á eurodeputada Lidia Senra no MARCO (unha sala de 80 prazas!) i eso que tamén a pagaba ! Gostaríame saber cantos cartos lle cobrou a VOX ?

3 Xanc

Na enquisa de hoxe de CelesteTel para eldiario, ao Bloque xa lle dan un escaño e sitúano moi cerca de Podemos

2 MEDULIO

Por que a VOX o cualificades de ultradereita, que o son, e, sen embargo, ó BNG e a Podemos non os cualificades de ultraesquerda que tamén o son?

1 Luismglc

Pois porque: 1. Non o son, e porque se o fosen, 2. Non pasaría nada, porque a esquerda non conleva intolerancia, odio, discriminación, etc.