A Mesa interrompe o pleno de Ourense para acusar a Jácome de "autoodio" e pedirlle que use o galego

Varios activistas irromperon no pleno para denunciar que o alcalde só usa o galego para aldraxalo, vulnerando a escasa lexislación que ampara a lingua.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/11/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Activistas da Mesa pola Normalización Lingüística de Ourense interromperon o pleno do Concello de Ourense con letreiros onde se podía ler “Eu quero galego” para denunciar que o alcalde só usa o galego para “aldraxalo e desprestixialo” e criticalo polos eu "autoodio" como galego.  Unha acción que lles valeo ser desaloxados da sala.

Activistas da Mesa interrompen o pleno do Concello de Ourense para criticar a Jácome polo uso do castelán
Activistas da Mesa interrompen o pleno do Concello de Ourense para criticar a Jácome polo uso do castelán | Fonte: A Mesa

Durante a protesta, os activistas lembráronlle ao alcalde e ao grupo de goberno as súas obrigas legais respecto á lingua, entre elas a de promover o seu uso normal por parte da administración local, así como uso legal da toponimia da cidade, Ourense. Como resultado desta acción o pleno que comezou en castelán coa lectura da orde do día por parte do Alcalde e continuou en galego após se despregaren os letreiros, segundo informa A Mesa nun comunicado.

O responsábel da Mesa en Ourense, Manuel Carniceiro, advertiu ao alcalde de que a entidade de defensa da lingua non consentirá a actitude de desprezo ao galego que mantén Jácome, e que voltará ao pleno e continuará as protestas mentres o alcalde manteña esa actitude. “O rexeitamento da lingua galega como sinal máis característico de Ourense, unha das principais capitais galegas, é unha mensaxe de autoodio, un exemplo de desprezo polo propio da principal referencia institucional da cidade”.

"A Mesa voltará todas as veces que cumpra para facer valer as obrigas que ten Xácome cara ao noso principal sinal de identidade", apunta esta organización. Ademais, o responsábel da asociación polo galego en Ourense, recomendoulle ao rexedor a aplicación da  Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) editada pola entidade e enviada a todas as concelleiras e concelleiros eleitos no pasado mes de maio, incluído o propio Xácome.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 EmigradOu

A verdade é que non entendo que carallo facedes lendo este xornal se tan pouco vos gusta o galego...

2 Cachamuíña

Xa tardaban os talibáns totalitarios da Mesa en montar o espectáculo porque non lles gusta que a xente fale como queira. Para eles, o que non fala galego é un apestado traidor fascista, e non teñen reparo algún en empregar os mesmos métodos que os camisas negras de Musolini. Liberdade de expresión e de utilización de língua oficial.

1 Xian do Sil

Más votos para Democracia Ourensana y para Vox. Y sobre todo, peor imagen para el gallego, idioma que se asocia una vez más al fanatismo, la imposición y la falta total de respecto por las decisiones de los demás. Un gallego puede hablar en Galicia en cualquiera de los dos idiomas oficiales.

1 Enteligencia artificiá

Que dis home se Cajome xa perdeu case todo ao pactar con Baltar. Nas próximas vaise afundir a unha velocidade de novapolítica por moito que insulte o galego desde a alcaldía