Pontón acusa a PP e PSOE de "apostar polo sector naval noutras partes do Estado" en detrimento de Ferrolterra

A líder frontista chama a reverter a situación na comarca "máis historicamente castigada" de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, responsabilizou ao PP e á POSE da "situación tan preocupante desde o punto de vista social e económico" que atravesa Ferrolterra, xa que decidiron "apostar polo sector naval" noutras zonas do Estado en lugar de facelo na comarca do noroeste galego.

Así o asegurou Pontón en Ferrol, nun acto desenvolvido na zona da Casa do Mar e na que se deron cita, entre outros, os candidatos números un e tres ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego e Mon Fernández, ademais do portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas.

"Preocúpanos a grave crise industrial que está a atravesar Galicia, que afecta a comarcas como a Mariña lucense, Ferrol, Vigo ou a Costa de Morte", aseverou a líder frontista, que asegura que se trata de "un problema estrutural".

"O índice industrial de Galicia está en caída libre, temos menos emprego industrial que fai dez anos, as empresas foron desaparecendo, e hai 6.000 postos de traballo directos que temos en risco en Endesa, Alcoa ou o sector naval", incidiu Pontón.

A COMARCA MÁIS AFECTADA

"Se hai unha comarca historicamente castigada é a de Ferrolterra, que rexistra os peores datos de emprego, de actividade económica, unha comarca en declive democrático e que ve como cando deciden a 600 quilómetros, non deciden a favor dos nosos intereses, senón todo o contrario", subliñou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto en Ferrol.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Pontón lamentou que en Galicia existan "miles de postos de traballo en risco" cando a comunidade "produce moita electricidade", cuxos "beneficios son para as grandes empresas eléctricas e para os que sentan nos seus consellos de administración".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta