Colectivos animalistas recollen máis de 76.000 sinaturas para a prohibición da participación de menores en cazarías

Os animalistas tamén sinalan que medidas como a declaración da "emerxencia cinexética temporal" en 33 municipios galegos, "só multiplica o risco de incidentes con danos persoais".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2019 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera reuniu máis de 76.000 firmas a través da plataforma Change.org para reclamar unha modificación da Lei de Caza de 2013 para que se prohiba o acceso de menores a cazarías, tanto como participantes directos --desde os 16 anos-- como sendo espectadores ou acompañantes, "para o que non existe unha idade mínima".

Na petición, Libera lembra que, durante a última década, faleceron 14 persoas en accidentes e "actos de neglixencia" de caza en Galicia, entre eles un menor de idade no mesmo ano no que se aprobou a norma autonómica.

A maiores, os animalistas sinalan que medidas como a declaración da "emerxencia cinexética temporal" en 33 municipios galegos, "só multiplica o risco de incidentes con danos persoais", mentres que "a proposta para modificar a norma sectorial legalizando modalidades como a caza 'ao salto' e 'en man' para disparar a xabarís, é especialmente perigosa, xa que dificulta o control".

Para o colectivo resulta "sorprendente" que "existan leis que prohiben a emisión en televisión de contidos violentos con animais", aínda sendo ficción, a determinados horarios, así como que "haxa presenza en corridas de touros" de menores, pero que "non exista ningunha molestia á súa implicación nunha batida, con seis ou con dezaseis anos de idade".

Un cazador. Arquivo
Un cazador. Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta