A ministra de Defensa di que o bloqueo político impediu contratar investimentos para o naval de Ferrol

Robles insta ao PP a que "sex.a valente" e "explique agora porque tiña paralizado" o proxecto das fragatas F-110

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 04/11/2019 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

A ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, asegurou que o bloqueo político de PP, Ciudadanos "e outras forzas" á hora de formar goberno motivou a imposibilidade de conseguir "investimentos" para o naval de Ferrol.

A ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, compra castañas en Ferrol durante a campaña electoral, xunto ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, e Beatriz Sestayo
A ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles, compra castañas en Ferrol durante a campaña electoral, xunto ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, e Beatriz Sestayo | Fonte: Europa Press

Robles pronunciou estas palabras durante a súa visita a Ferrol, onde estivo acompañada polo líder do PSdeG, Gonzalo Caballero; o alcalde da cidade, Ángel Mato, e a secretaria xeral socialista en Ferrol, Beatriz Sestayo.

Alí, cuestionada sobre a situación do naval en Ferrol, a ministra de Defensa manifestou que as "limitadas" funcións do Executivo que encabeza Pedro Sánchez impediron lograr "investimentos" para o sector.

"Pídolle ao Partido Popular que sexa valente e que explique agora porque tiña paralizado ese proxecto", aseverou en alusión ao contrato das fragatas F-110, que está previsto construír nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol para a Armada Española.

"O compromiso do Goberno con Ferrol púxose en marcha, está en marcha e só vai continuar con seriedade e rigor se hai un Goberno do Partido Socialista", sentenciou Robles.

APOIO A NAVANTIA

A responsable do PSOE incidiu en que "fai falta un Goberno serio, crible, estable, que fale pouco e que cumpra; e iso só o pode ofrecer o Partido Socialista".

A responsable de Defensa destacou que o PSOE apoiará Navantia "en todo o que sexa necesario" ao ser interpelada sobre a posibilidade de que o Goberno que saia das próximas urnas poida adiantar o inicio da construción das F-110, previsto para 2022.

"Pero os prazos tenos que dicir Navantia, porque isto é un tema técnico, non cabe facer demagoxia con este asunto, téñense que facer estas fragatas con seriedade, rigor e o PSOE e o Goberno, se nos dan a confianza os cidadáns, apoiaremos Navantia, como o fixemos, con realidades".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

E Feijoo que os barcos de Pemex non se fixeron por culpa de Madrid... Pobre GZ, andan con ela a patadas e, enriba, pensan cos galegos somos parbos