Detidos dous mozos por roubo con violencia nun supermercado de Ourense

Propinaron un golpe na cara a un nonaxenario que lles cortou o paso no momento da fuxida.

Por E.P. | OURENSE | 05/11/2019 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous mozos como presuntos autores dun delito de roubo con violencia ocorrido no interior dun supermercado da rúa Doctor Fleming en Ourense, onde ameazaron e intimidaron os empregados que os descubriron cando subtraían comida.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que motivaron a detención ocorreron o 4 de novembro sobre as 18,00 horas cando axentes de Policía de Seguridade Cidadá foron requiridos pola encargada dun supermercado da zona do Couto, que manifestou que dous individuos ameazaban os empregados.

As mesmas fontes relataron que un dos homes meteu unha tableta de chocolate baixo a roupa, polo que a encargada lle solicitou os efectos escondidos e este tirounos ao chan e pisounos co pé, dando ao mesmo tempo golpes ao mobiliario e vidreiras de forma intimidatoria, ademais de empuxóns aos empregados do supermercado.

Así mesmo, destacou a Policía, propinoulle "un forte golpe na cara" a un señor de 93 anos de idade, que lle tentou cortar o paso na súa fuxida dirección á zona do Couto.

Axentes de Policía Nacional e Policía Autonómica realizaron unha batida polo lugar e localizaron aos individuos nun local de lecer, onde foron informados da súa identificación por coincidir coas características achegadas na comisión dun roubo con violencia e intimidación.

"ACTITUDE HOSTIL"

Os homes mostraron "unha actitude hostil seguida dunha gran resistencia golpeando o mobiliario do bar", indican as mesmas fontes, polo que foron detidos polo delito anterior, ademais doutro de resistencia e desobediencia.

Os detidos foron identificados como un home de 22 anos de idade, nacido en República Dominicana e sen arrestos anteriores, e outro home de 20 anos, nacido en Colombia, con seis detencións anteriores. Ambos pasaron este martes a disposición xudicial.

Supermercado. Europa Press - Archivo
Supermercado. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta