Beatriz Pino acusa a Feijóo de "mentir" aos galegos para conseguir votos

Asegura que Feijóo "mente na intención de voto" e "tenta influír" desta forma no sentido do sufraxio para o vindeiro domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A cabeza de cartel de Ciudadanos (Cs) por Pontevedra, Beatriz Pino, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de utilizar "tácticas sucias" e de "mentir" para conseguir o voto dos galegos.

Nunha visita a Combarro (Pontevedra), a política considerou que é "unha auténtica vergoña" que o presidente do PPdeG "leve varios días mentindo aos galegos". Na súa opinión, Feijóo "mente na intención de voto" e "tenta influír" desta forma no sentido do sufraxio para o vindeiro domingo.

Por último, concluíu a visita coa afirmación de que, a pesar de todo, a súa formación conseguirá representación na provincia e no resto de Galicia "a pesar das tácticas sucias de Feijóo".

A candidata de Cidadáns Beatriz Piñeiro realiza unha visita electoral a Combarro (Pontevedra). CIDADÁNS
A candidata de Cidadáns Beatriz Piñeiro realiza unha visita electoral a Combarro (Pontevedra). CIDADÁNS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta