Business Factory Aero busca novas 'startups' que "dean resposta" aos retos do sector aeronático

Ofrece ás candidaturas seleccionadas formación, tutorización, espazos e instalacións e asesoramento comercial.

Por GC Emprende | Compostela | 05/11/2019 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A aceleradora de empresas Business Factory Aero (BFA) abriu a súa segunda convocatoria á procura de proxectos e 'startups' "que dean resposta" aos retos tecnolóxicos aos que se enfronta o sector aeroespacial e de voos non tripulados en Galicia.

O responsable técnico da BFA, Rodolfo Ojea, explicou este martes que esta segunda convocatoria está aberta ata o 15 de novembro e, do mesmo xeito que na anterior, seleccionaranse tres proxectos para o itinerario de 'incubación' (que dura 24 meses) e outros tres para o de 'aceleración' (que dura 12 meses).

A BFA, que se enmarca na Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia, ofrece ás candidaturas seleccionadas formación, tutorización, espazos e instalacións, asesoramento comercial e financiamento para que os proxectos poidan facerse realidade e teñan aplicación efectiva.

Entre os retos aos que terán que dar resposta estes proxectos están as melloras no deseño de aeronaves, a produción con materiais máis lixeiros, solucións relacionadas coa autonomía de voo, desenvolvemento de hardware e software, ou aplicación de "tecnoloxías habilitadoras transversais", como a realidade virtual e aumentada, a intelixencia artificial ou o big data.

Dron. CO2 REVOLUTION
Dron. CO2 REVOLUTION

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta