Temas: ARZúA ASASINATO

30 anos de internamento nun centro psiquiátrico para a muller que matou dous anciáns en Arzúa

O Tribunal do Xurado considera probado que durante a comisión dos feitos a acusada presentaba un trastorno psicótico agudo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2019 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña decretou o internamento nun centro psiquiátrico, por un máximo de 30 anos, para a muller que matou en 2016 dous anciáns en Arzúa (A Coruña). Así o determinou a Audiencia de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, que considerou a muller culpable de dous homicidios dolosos, pero decretou a eximente completa de alteración psíquica.

Xulgados.
Xulgados.

En consonancia, e como medida de seguridade, a Audiencia acordou o seu internamento para tratamento médico nun centro psiquiátrico penal adecuado ao seu tipo de anomalía ou alteración psíquica por un tempo máximo de trinta anos. A muller non poderá abandonar o establecemento sen autorización do tribunal, o cal poderá modificar a medida de seguridade segundo a súa evolución de acordo ao Código Penal.

O Tribunal do Xurado considerou probado que durante a comisión dos feitos a acusada presentaba un trastorno psicótico agudo que "anulaba totalmente as súas capacidades cognitivas e volitivas".

No entanto, a Audiencia destaca na sentenza que, de acordo cos informes periciais, a muller "presenta perigo criminal", polo que é necesario que sexa tratada "nun centro acorde coas súas características e condicións persoais" en réxime pechado.

FEITOS

Os feitos ocorreron na madrugada do 27 de xullo do 2016, cando a condenada colleu un coitelo de 25 centímetros da cociña da súa casa e dirixiuse á dos anciáns, que durmían nese momento. A muller entrou na vivenda coas chaves que o matrimonio adoitaba gardar no alfeizar dunha xanela e, unha vez no dormitorio, asestoulles varias coiteladas que lles causaron a morte.

No xuízo, a procesada, que recibía tratamento psiquiátrico desde o ano 1994 por diagnóstico de esquizofrenia diferenciada, acolleuse ao seu dereito a non declarar, do mesmo xeito que o resto de familiares —marido e filla— con quen residía na vivenda.

Temas: ARZúA ASASINATO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta