Temas: OBESIDADE

Ante o 41% do sobrepeso que sofren os galegos, A Sociedade Española de Dietética promove unha mellora na dieta

A Sociedade Española de Dietética ensina os "secretos dunha boa dieta". Preocupa que o 18% dos galegos padecen de obesidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2019 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

"Tras os excesos do verán moitos españois queren mellorar a súa dieta co fin de levar unha vida máis saludábel", indica a Sociedade Española de Dietética e Ciencias de Alimentación (Sedca) tras os datos dun 41% dos galegos con sobrepeso e un 18% con obesidade. O organismo creou un documento chamado: 'os secretos mellor gardados dunha boa dieta' onde comparten propostas e consellos que axudan a manter un peso saludábel.

Froitas e verduras son claves na nosa dieta. UGR
Froitas e verduras son claves na nosa dieta. UGR

"Son ideas fáciles de poñer en práctica" afirmou Jesús Román, profesor da Universidade Complutense de Madrid e presidente do Comité científico da Sociedade Española de Dietética. "Aínda así, debemos recordar que é moito máis costoso, para o peto e para o corpo, repetir de seguido rexímenes supostamente marabillosos, máxicos o directamente inútiles e facer cantidades absurdas de exercicios que poden provocarnos máis daño que beneficio" engade o profesor.

A entidade explicou que unha boa dieta "debe cumprir unha serie de requisitos que permitan levar unha vida social activa sen deixar de rexeitar a pequenos caprichos", ademais de ser: "suficientemente nutritiva, que teña bo aspecto, bo sabor e uns ingredientes coherentes e razonábeis coas nosas costumes", xa que, advirte, "se non cumpre estes factores estará abocada ao fracaso".

Según apuntou o mesmo organismo: "España atópase entre os países con maior índice de peso corporal". Así, advirte de que "un dos maiores problemas é iniciar e non rematar unha boa dieta para adelgazar", xa que: "o éxito del esfuerzo por conseguir o peso desexado ás veces non se acada debido ao abandono da dieta".

RECOMENDACIÓNS

A obesidade é o cúmulo, en forma de grasa, da enerxía calórica que se inxire en exceso coa dieta, indica o experto. "O noso corpo require ao redor de 2.000-2.500 calorías diarias e  on calquer alimento ou bebida consumidos en exceso tienden a acumularse. Igual debamos botarlle a culpa ás tapas ou ao picoteo antes que á cervexa salvo que o seu consumo non sexa moderado e excesivo", explicou o profesor.

Temas: OBESIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta