Bescansa urxe políticas que "paren" a contaminación das rías galegas

Tamén reclamou unha "política diferente" que garanta que a "xente poida saír pescar cunhas cotas que se corresponden co que ten que pescar e co que pode pescar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2019 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A 'número uno' de Más País ao Congreso dos Deputados pola Coruña, Carolina Bescansa, considerou necesaria a posta en marcha de "políticas urxentes" que "paren" os procesos de contaminación "dos ríos que conforman as rías galegas".

Cabeza de lista de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa. MÁIS PAÍS
Cabeza de lista de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa. MÁIS PAÍS

A que fora unha das fundadoras de Podemos pronunciouse deste xeito en declaracións aos medios tras reunirse este mércores cos membros da confraría de Portosín, en Porto do Son, A Coruña.

"Hoxe tiven a oportunidade de saír coa xente do mar a mariscar e ninguén mellor que eles coñece os problemas da ría e defenden a súa sustentabilidade", manifestou nunha xornada na que tamén participou en Noia nunha xornada sobre marisqueo.

Na súa intervención, a aspirante de Más País á Cámara baixa tamén reclamou unha "política diferente" que garanta que a "xente poida saír pescar cunhas cotas que se corresponden co que ten que pescar e co que pode pescar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta