Anxo Quintana sae do ostracismo para pedir o voto útil ao BNG e evitar que haxa máis dereita

Fai un alegato na defensa do Bloque por ser "capaz de resistir" estes anos. "A miña visión supera a clave ideolóxica e trátase dunha cuestión de pragmatismo puro", di tras alonxarse da formación da que foi voceiro nacional.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 06/11/2019 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O exvicepresidente da Xunta co bipartito, Anxo Quintana, que leva apartado anos da vida política activa e mesmo alonxado do BNG, saíu este mércores en axuda da formación da que foi portavoz nacional. E fíxoo cando as enquisas apuntan a que o BNG podería quedar sen escano en Galicia tras o debate do pasado luns --o tracking diario de Sondaxe deste martes que manexan os distintos partidos non lle daba xa o deputado pola Coruña--.

Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista
Participación de Anxo Quintana nun mitin nacionalista

 

Por iso, insistiu en que Galicia ten que ter "voz propia" en Madrid co regreso do BNG ás Cortes tras o 10N. Ademais, defende que, na actual conxuntura política, o Bloque disputa en Galicia escanos á dereita "en calquera das súas versións" polo que, cuns bos resultados para o nacionalismo, mataríanse dous paxaros dun tiro".

 

"A min non me gusta falar de eleccións e votos en claves matemáticas, o voto útil dáme sarpullido, pero é certo que o multipartidismo e a dispersión do voto que se dá agora colócanos nunha situación totalmente nova. O domingo, que o BNG teña representación en calquera provincia galega vai significar que PP, Cs ou Vox teñan un deputado menos", esgrimiu, en declaracións a Europa Press.

Anxo Quintana na presentación dun novo proxecto político, Somos Nós
Anxo Quintana na presentación dun novo proxecto político, Somos Nós

 

"Esa é a disputa: que o teña o BNG ou a dereita española en calquera das súas versións. Para todos os que queremos que Galicia teña representación propia é un acicate máis. Se o PP non só logra representación senón que lle quita representación á dereita, matariamos dous paxaros dun tiro", resaltou, ás portas da próxima cita coas urnas.

 

Quintana foi vicepresidente da Xunta durante o bipartito. Nos últimos meses deste goberno La Voz de Galicia -- xornal que agora apoia ao Bloque-- lanzou unha dura campaña contra el e contra algúns dos seus conselleiros para evitar que o bipartito puidera continuar no poder. Despois deses "ataques persoais" contra el --tal e como os calificou o propio Quintana-- e as direrencias xurdidas dentro do BNG tras perder a Xunta, decidiu abandonar a política activa. Impulsou Somos Nós, unha plataforma allea ao BNG que pretendía influír en ámbitos políticos, sociais e económicos. Actualmente adícase ao seus negocios privados.

 

Con todo, mantivo certo vínculo co BNG de Allariz --concello do que foi alcalde-- onde ocupou nas últimas eleccións locais un posto simbólico. Nestas decalaracións reafirmouse en que é "totalmente imposible" fixar unha axenda galega desde un grupo de carácter estatal aínda que quen o tenten facer "teñan a mellor intención do mundo". "Por unha razón moi sinxela", argumentou, antes de apuntar que "se os galegos representan o 5 por cento da poboación do Estado", esa é "a importancia" que as forzas estatais outorgan á comunidade. "E cando estás en Madrid pódese ver aos galegos que actúan como deputados continuamente frustrados porque ven totalmente impedidos", asegurou.

 

"PARA VENCER, PRIMEIRO HAI QUE SER"

 

"Só mediante unha representación política propia pódese impor democraticamente a presenza de Galicia no debate estatal. Para os que estivemos alí non hai dúbida", contrapuxo Quintana, antes de proclamar: "Para vencer, primeiro hai que ser. Para gañar, primeiro hai que existir. Se Galicia non existe como realidade política diferenciada, é imposible que aspire a un futuro diferente e mellor".

 

Baixo o seu punto de vista, se o Bloque volve estar en Madrid significa que "Galicia estará" e, a partir de aí, que se poderá "construír un futuro diferente". De feito, reivindicou que, aínda que el é nacionalista, esta visión supera a clave ideolóxica e trátase dunha cuestión de "pragmatismo puro".

 

O LOGRO DE "RESISTIR"

 

Preguntado respecto diso, Quintana evitou profundar acerca da evolución do nacionalismo e do rupturismo na comunidade co argumento de que non dispón de "datos suficientes" para avaliar todas as cuestións "con minuciosidade". Iso si, remarcou que "hai unha evidencia, con todos os achaques que se lle poidan asignar, e é que o BNG tivo unha virtude, foi capaz de resistir".

 

"Nos peores momentos e cando todo o mundo vaticinaba a desaparición do nacionalismo organizado (en Galicia), o BNG foi capaz de resistir e iso, mírese por onde se mire, ao César o que é do César, e a Deus o que é de Deus, é un éxito que hai que atribuír á actual dirección do BNG", sentenciou. 

 

"UN PROXECTO POLÍTICO ÚTIL"

 

Esta resistencia, ao seu modo de ver, é un logro que "calquera nacionalista", incluso os que como el están afastados da primeira liña política, ten que "recoñecer ou agradecer". "Polo menos eu así o fago", dixo.

 

E é que Quintana, quen incidiu na importancia de que nos últimos comicios xerais e municipais "ese halo de forza política imbatible" abandonase ao PP, aposta por "construír o futuro" desde a "realidade" actual do BNG. "Eu sempre pensei que o nacionalismo debería ser un proxecto político útil, que no século XXI ten que afianzar o seu carácter de proxecto pensado para o benestar dos cidadáns", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

Para VENCER primeiro hai que SER --- Galegos --- Parece mentira que Anxo Quintana non aprendera nada do seu paso polo BNG --- Mentres a UPG siga mandando e pontificando non poderemos SER nin Galegos nin Nada !!! Só títeres nas mans dos seus Comisarios Políticos Estamos fartos de ver como se pegan como lapas ás Institucións para vivir delas !!! Sintoo pero non queremos ver a Néstor Rego chupando cámara xunto a Bildu no grupo mixto !!! Galicia merece Outra Cousa !!!

2 Tarariquetevi

Se ve que los proyectos políticos propios no le van bien a Anxo.

1 BFFF

La Voz de Galicia agora apoia ao bloque....que risa Maria Luisa!

1 per

E a Sexta a Unidas Podemos

2 Casilda

Per, ti non te enteras: La Sexta agora apoia a Errejón para debilitar a Podemos e axudar ao PsoEspañol. E tampouco lle fai ascos a Vox, para restar ao Partido Podre e favorecer ao PsoEspañol. Agora Podemos xa non mola en A3 Media e Planeta. E dicho quen nunca votou Podemos, nin pensa facelo (sería tirar o voto en Lugo, igual que votar BNG), pois vai chover o domingo e nada vai mudar co PPsoE, até poden pactar entre eles (unha mágoa que no Bloque non despertedes e sigades sendo unha marca branca do PsoEspañol publicitada pola antigalega La Voz de su Amo).