Médicos acordan novas folgas en defensa da Atención Primaria

Os paros produciranse os días 27 e 28 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

As asembleas de áreas sanitarias galegas acordaron "por unanimidade" a convocatoria de folga para os días 27 e 28 de novembro en defensa da Atención Primaria.

Así o ratificaron nun encontro mantido este mércores no que se acordou a convocatoria de paros cos "mesmos puntos da folga de xuño" que, lembraron nun comunicado, "seguen sen alcanzar".

Por iso, reivindican un límite de 30 pacientes por día en consulta; unha estrutura de xestión de Atención Primaria, un orzamento para este nivel asistencial do 25 por cento do total, "cobertura do 100% das substitucións", a OPE "de todas as vacantes" e unha atención "homoxénea nas áreas: mesmas derivacións e acceso a probas diagnósticas".

"De seguir sen ter respostas, temos a intención de propor nun futuro inmediato, a convocatoria de folga indefinida e estuda a renuncia a formación de novos residentes o ano próximo", advirten.

Respecto diso, avisan de que "nesta situación de sobrecarga que segue igual ou peor que outros anos pola inacción da Consellería, non é responsable nin posible facer formación de futuros especialistas de Atención Primaria".

Para o día 13 está prevista unha nova asemblea en Santiago de Compostela, onde, avanzaron, "se fará efectiva a convocatoria de folga".

Manifestación en Santiago de Compostela  dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Manifestación en Santiago de Compostela dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta