Feijóo a Vox: "Se hai un sitio onde paramos o nacionalismo ese foi Galicia"

Arremete duramente contra Abascal de quen di que é "un instrumento do PSOE" para "minar" o PP e destaca que o PP foi o "mellor modelo" para parar a un nacionalismo "que nunca gobernou en Galicia".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/11/2019 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

De nacionalismos e ultradereita ou de estremos opostos pero converxentes. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo equiparar estas dúas tendencias políticas para desacreditalas publicamente porque, veu dicir, benefician a sectores determinadas. E o fixo tras as duras críticas de Santiago Abascal, o líder de Vox, que o acusou de ser "nacionalista" e de defender "a nación histórica de Galicia" durante o debate a cinco do pasado luns.

A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.
A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.

"Galicia é unha nacionalidade histórica porque así está recollido na Constitución desde 1978. Dicir outra cousa é mentir e manipular as miñas palabras e non é a primera vez que o fan", respostou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta na que criticou duramente a Vox, e de paso ao BNG, por servir de "instrumento" ao PSOE.

Así, e tras a acusacións de Abascal que case o comparou cun perigoso "nacionalista", Feijóo lembrou que "se hai un sitio onde se parou o nacionalismo" ese foi Galicia. "A que se refire con parar o nacionalismo?", preguntouselle despois. "Pois que aquí en Galicia nunca gañaron os nacionalistas como si o están facendo en Cataluña ou no País Vasco", dixo. E aínda foi máis cotundente utilizando ao BNG para atacar a Vox: "Se hai un modelo para parar o nacionalismo ese é o de Galicia", suliñou en alusión ao PP.

EVITA FALAR DUN PACTO PP-VOX

Con todo, foi moi evasivo ao ser preguntado se rexeita un acordo entre Vox e o PP --que xa gobernan en varias autonomías e concellos-- se os seus votos, xuntos cos de Cs, dan para gobernar. Preguntado ata en dúas ocasións evitou responder de xeito contundente. "E se os precisa para gobernar en Galicia, que faría?", preguntoulle GC. "Se o que están decindo nos mitines é que queren acabar con Feijóo", respondeu sen aclarar se haberá pacto coa ultradereita.

"Ademais", engadiu, "prefiro falar de partidos que teñan representación en Galicia que non é o caso". E engadiu: "Galicia non está aínda en campaña. Está gobernada e está preservada das frivolidades políticas ás que nos someteron o conxunto dos españois desde hai dous anos".

No que si se estendeu Feijóo foi nas súas críticas a Vox por ser, dixo, "un instrumento" ao servizo do PSOE. "Está claro que a estratexia do PSOE é que se fale de Vox, porque canto máis se fale deles, mellor lle vai ir ao PSOE", suliñou. Por iso, insistiu en que votar a Vox ou Cs é "votar polo PSOE" porque "divide o voto da dereita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Ros

Un instrumento do voso semi deus Aznar...pailàn! PP mal endèmico en Galicia!

3 nostrus

E certo que no seu afan de pescar en caladeiro nacionalista, tanto PP como PSOE puxeron a máscara de galeguistas recalcitrantes e con tanto sobreactuar a máscara convertiuselle en rostro. Por eso o nacionalismo é tan nocivo que enmerda todo o que toca. Nacionalismos NOOOOON, xa hai maldade dabondo na Natureza.

2 Gamela

Por qué ninguén lle pregunta a Abel Caballero cantos cartos cobrou polo aluguer do Auditorio Mar de Vigo (1.400 prazas) a VOX ? É moi curioso que na "cidade fermosa" onde se lle nega unha sala de 80 prazas á eurodeputada Lidia Senra (MARCO) alúguese a VOX o meirande recinto que ten a cidade? // Feijoo reacciona tarde, pero está moi claro que ao PSOE venlle de perillas potenciar o voto da ultradereita VOX para quitarlle escanos ao PP ! E de paso poden falar de que vén o lobo, para agochar as súas "malas artes" de cara a un Bipartito no 2020 ??? // Conste que non voto nin PP nin VOX !!! Pero sumar e restar sabemos...

1 Lis

Preghúntalle ti, Bicos

1 nominativo

Ja! El nacionalismo pide pazo de Meirás, y Feijoo le monta una comisión ad hoc para "recuperar" Meirás. Si piden que se condene el Franquismo, lo condena dos veces; que hay que apoyar la ideología LGTB, la apoya, etc. Aquí lo que destaca del PP es la política lingüística, de corte abiertamente nacionalista, con subvenciones a editoriales que se morirían de hambre y permiten vivir del cuento a sus dueños nacionalistas, con puestos de trabajo artificiosos para nacionalistas, etc. España es el único país del mundo en el que los niños no pueden estudiar en la lengua común y tienen que recibir al menos la mitad de la enseñanza en la vernácula. Antes voto al Bloque que volver a votarte a tí, por Judas.

1 Moine

Mintes como todo facha. Só a mentira é a vossa argumentaçom.

2 anonimo

Si no dices en que miento, me das la razón de forma implícita ¿Quien santificó a Castelao más que Feijoo?Nominativo

3 Retranca

Tés razón, aqui non se estudia nada a lingua común, o inglés. Feijóo dimisión! máis inglés e menos castelán!!

4 Moine

A Espanha imperial que defendes nunca existiu, eram territórios património dumha família, os demais eram igual que os coelhos som hoje do dono dumha finca. A concepçom terrorista “España una” só agocha umha política etnocida quando nom genocida, a sua última expressom foi o regime clerical-fascista que era o franquismo. Certo é que quando se parte dumha situaçom de extermínio cultural, levado a cabo polo nacionalismo espanhol, tem-se que favorecer políticas de recuperaçom dos povos e das culturas submetidas anteriormente a extermínio. Em fim, nominativo, deixa de ornear e estuda, se és capaz de compreender algo.