A Delegación do Goberno en Galicia celebra o Día contra a Violencia á Muller cunha serie de actividades

Haberá unha exposición, pero tamén xornadas, conferencias, mesas redondas e un concurso escolar.

Por E.P. | | 08/11/2019 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno celebrará en Galicia diversas actividades con motivo da celebración o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que comezarán o martes, día 12, coa exposición 'As mozas somos guerreiras... e tamén enxeñeiras e científicas, tecnólogas e matemáticas", do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Ee colaboración co Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, deseñou, segundo informa, unha programación que termina o 28 de novembro coa entrega dos 'Premios Meninas', que chegan por segunda vez a Galicia.

Estes premios recoñecen o labor de persoas ou entidades que destaquen polo seu compromiso na erradicación da violencia de xénero. Nesta ocasión, a gala de entrega celébrase o 28 de novembro no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, e servirán para pechar a programación deste ano. Un día despois, clausurarase a mostra inaugurada o día 12, na Delegación do Goberno.

XORNADAS E CONFERENCIAS

O programa de actos inclúe oito xornadas, conferencias ou mesas redondas. A primeira será o II Xornada de Formación a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, titulada 'A necesaria protección ás vítimas de violencia de xénero', que terá lugar o día 13 de novembro no reitorado da Universidade da Coruña (UDC).

O propio 25N, o delegado do Goberno lerá, na Delegación, o manifesto do Executivo, un acto ao que se anima a participar a toda a cidadanía. A continuación, celebrarase a mesa redonda 'Instrumentos para a prevención da violencia de xénero: a consolidación das mulleres no mercado laboral'.

Pola súa banda, a Subdelegación do Goberno en Ourense acollerá a lectura do manifesto, ás 20 horas, nun acto seguido por unha actuación musical.

Ademais, dirixido a alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato, está convocado tamén un concurso de debuxo e relato curto. A entrega de premios terá lugar o 21 de novembro, na sede de Afundación en Pontevedra, ao ser unha proposta que organiza a Subdelegación provincial para os escolares da zona.

Un gran lazo en contra da violencia de xénero para celebrar o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres
Un gran lazo en contra da violencia de xénero para celebrar o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta