Adolfo Domínguez, Premio Nacional de Deseño pola a "súa significación na historia contemporánea da moda de España"

O Ministerio de Cultura e Deporte outorga este recoñecemento, dotado con 30.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 08/11/2019 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Adolfo Domínguez foi galardoado co Premio Nacional de Deseño de Moda 2019, informou o Ministerio de Cultura e Deporte, que outorga este recoñecemento, dotado con 30.000 euros. O xurado elixiu o deseñador "pola súa traxectoria profesional e a súa significación na historia contemporánea da moda de España".

Adolfo Domínguez
Adolfo Domínguez | Fonte: Europa Press

"O seu lema histórico 'A engurra é bela' fala do seu gusto polo natural, destacando a sobriedade e liberdade e o seu convencemento de que a roupa é a nosa segunda pel", destaca o xurado, que salienta a súa "importantísima expansión internacional, no que se lle recoñece a súa capacidade e sensibilidade para difundir o deseño e creación de moda española".

O premio recoñece a un creador ou a un colectivo susceptible de ser considerado como creador, pola súa obra feita pública ou realizada o ano anterior. Tamén, en casos debidamente motivados, como recoñecemento a unha traxectoria profesional.

Para a concesión do premio tense en conta a calidade das obras ou actividades recoñecidas; o seu carácter innovador e a súa significación como achega sobresaliente á vida cultural e artística española.

BIOGRAFÍA

Adolfo Domínguez Fernández (Ourense, 1950) cursou estudos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e posteriormente trasládase a París, onde ampliou a súa formación en Estética e Cinematografía.

Despois dunha estancia en Londres, regresou a Galicia en 1973 para crear en Ourense unha empresa dentro do sector téxtil a partir da sastrería que rexentaba o seu pai desde a década do cincuenta.

Nos anos 80 lanzou o slogan 'A engurra é bela', que se transforma en aceno de identidade da súa firma e nun dos lemas máis con maior difusión internacional da moda española. O seu éxito naquela década levoulle a vestir aos protagonistas da serie americana 'Miami Vice'.

A apertura de tendas propias en Madrid, Londres, París, O Porto e Tokio e a ampliación da colección muller impulsaron a consolidación da empresa.

Nos anos 90 internacionalizoua e diversificou o seu negocio, converténdose no primeiro deseñador español en comercializar unha gama completa de perfumes co seu nome e na primeira marca de moda española con presenza no mundo bolsista.

En 2009, tras unha ausencia de dez anos, volveu desfilar en Cibeles Fashion Week e alcanzou a cifra de seiscentas tendas en todo o mundo.

Recibiu premios como a Agulla de Ouro en 1997, o Premio Telva de Moda en 2004 e o 'Lifetime Achievement in Fashion' da Fashion Week de Miami en 2006.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta