Por E.P. | A CORUÑA | 08/11/2019 | Actualizada ás 18:29
A Fundación Luís Seoane acollerá o 23 de novembro un encontro de música electrónica de vangarda, o segundo destas caracteríticas que terá lugar na súa sede.
O concelleiro de Cultura do Concello da Coruña, Jesús Celemín, xunto á directora da Fundación, Silvia Longueira, presentou o II Atopo de Síntese Modular da Coruña, Modulartec. Ao acto, asistiu tamén o responsable artístico do evento, Juan de la Colina.
O obxectivo desta iniciativa é que a música electrónica saia dos circuítos habituais e que a cidadanía coruñesa teña a oportunidade de escoitar as últimas tendencias neste tipo de música, segundo informa o Consistorio.
O evento traerá, ademais, á cidade músicos internacionais como o alemán Jan Jelinek e figuras locais como Francisco Parga e Suso Flores, que reflexionarán tamén sobre o seu traballo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.