Animalistas suman 200.000 firmas para prohibir a caza con cans

Denuncian que xera "malas prácticas" entre os propios cazadores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia



A petición da Asociación Animalista Libera para prohibir o uso de mandas de cans na caza en Galicia suma un total de 198.896 firmas. O colectivo considera que utilizar cans para actividades cinexéticas xera "malas prácticas" entre os propios cazadores e fomenta "lances crueis" con animais silvestres.

Os animalistas destacan que, no caso da Comunidade galega, permítese o uso de mandas de ata 30 cans, o cal consideran que "multiplica, ademais do risco de ensañamento e a violencia, o impacto ambiental dos cans e o acoso a outras especies animais".

Doutra banda, a asociación pide unha "paralización inmediata" da proposta da Xunta para legalizar as modalidades de caza 'en man' e 'ao salto', por consideralas prácticas "perigosas para os propios cazadores, os animais e a cidadanía en xeral".

Libera quere seguir o camiño dun total de sete países europeos, como Dinamarca ou Luxemburgo, onde o uso de mandas non está permitido polo "seu impacto ambiental". Ademais, menciona países como Xenebra ou Costa Rica, que "xa prohibiron" toda actividade cinexética

Imaxe dun cazador. LIBERA E FFW - Arquivo
Imaxe dun cazador. LIBERA E FFW - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Barrá

Que non prohiban ós cans, que prohiban ós animais de dúas patas e escopeta que van con eles... Non hai nada máis antinatural que a diversión de matar. E logo autoalcúmanse de "amantes da natureza", "reguladores", ... Se non fora polo negocio que hai por tras (coma nas touradas) ista peste non andaría ceive polos montes arrasando con todo. O "deporte" do sangue. Na sabana africana poñíaos eu cun coitelo a cazar leóns...