O PSOE de Ourense avisa: "vixiaremos as prácticas de Jácome e Baltar no ámbito urbanístico"

Os socialistas reivindicaron unha "loita diligente para reverter unha política urbanística do PP baseada na especulación e o enriquecemento".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/11/2019 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O PSOE-PSdeG de Ourense asegurou este sábado nun comunicado que vixiará "con máis forza que nunca ao bipartito de Jácome e Baltar, herdeiros directos dos mesmos políticos que executaron os cambios ilegais de planos na PXOM do 2003 ou desa condonación de 10% aos promotores" urbanísticos en anteriores gobernos locais. Un asunto que agora se atopa en mans da xustiza.

Os socialistas tamén reclamaron unhas políticas urbanísticas "sustentables e legais" que acaben coas antigas medidas de "especulación" do PP que enriquecían "a uns poucos" cando estaban no Goberno local. Demandan que se revertan as decisións tomadas polo antigo edil, Manuel Cabezas, e toda a súa administración que, ao seu xuízo, foron en detrimento da cidade.

Ademais, celebraron que a Fiscalía se personara como acusación para pedir sete anos de cárcere ao ex alcalde Cabezas e ao ex concelleiro de Urbanismo, Ricardo Campo Labrador. Da mesma maneira, o Ministerio Fiscal solicita unha indeminización de 2,9 millóns de euros ao Partido Popular do municipio "polo menoscabo das arcas públicas", que o PSOE tamén aplaude.

Neste sentido, os socialistas reivindicaron unha "loita diligente para reverter unha política urbanística do PP baseada na especulación e o enriquecemento que durante anos se asumiu con normalidade e que mantivo secuestrados os intereses da veciñanza". Por este motivo, o PSOE "manterá a súa loita contra as prácticas do PP" e ve "de recibo que as cabezas visibles da trama" que afectou o urbanismo da cidade "devolvan aos ourensáns o que lles corresponde".

Rafa Villarino, do PSOE de Ourense
Rafa Villarino, do PSOE de Ourense | Fonte: PSdeG-PSOE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

se teñen tempo que veñan a Vigo para facer o propio con Abel e Carmela antes de que nos deixen sen patrimonio ! https://twitter.com/GamelaNova/stat...