Os resultados das eleccións serán "moi significativos" a partir das 22.30 horas

Por E.P. | MADRID | 10/11/2019 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

O reconto das eleccións xerais deste 10 de novembro comezará ás 20.00 horas, tras o peche dos colexios electorais, e os resultados serán "moi significativos" a partir das 22.30 horas.

Os resultados das eleccións empezaranse a coñecer a través da páxina web 'www.resultados.10novembro2019.es' a partir das 21.00 horas, cando pechen os colexios electorais en Canarias.

Para informar os resultados comparecerán en rolda de prensa ás 22.30 horas a ministra de Educación e Formación Profesional e portavoz do Goberno en funcións, Isabel Celaá; e o ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska.

Os votos que se depositen nas eleccións xerais deste domingo serán obxecto dun dobre reconto: primeiro nas mesas electorais nada máis pecharse os colexios e, a partir do mércores, 13 de novembro, procederase a un escrutinio xeral nas xuntas electorais provinciais, incluíndo xa as papeletas enviadas desde o estranxeiro.

Votacións nun colexio electoral
Votacións nun colexio electoral | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Quedan dúas horas para quedarte a gusto !!! https://twitter.com/GamelaNova/stat...

1 Gamela

Hoxe é o día apropiado para darlle unha patada no cú a quen te amole a VIDA !!! https://twitter.com/GamelaNova/stat...