Rescatan ao ocupante dun turismo atrapado tras saírse da vía en Ferrol

Por E.P. | Ferrol | 10/11/2019 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

Os Bombeiro de Ferrol rescataron na madrugada deste domingo a unha persoa atrapada no interior dun turismo tras saírse da vía cando circulaba polo termo municipal de Ferrol.

Segundo informou o 112 Galicia, este sinistro tivo lugar no punto quilométrico 1 da estrada FE-14 ao seu paso por Ferrol. No momento de producirse o accidente, o vehículo circulaba pola incorporación a estrada que discorre desde o Polígono da Gándara ata a Avenida das Pías, preto do Barrio de Caranza.

Tras recibir a alerta dunha persoa particular ás 1,30 horas deste domingo, na que solicitaba asistencia médica urxente para unha persoa atrapada, o 112 Galicia informou do sucedido, ademais da o persoal sanitario, aos Bombeiros de Ferrol, aos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Persoal sanitario encargouse do traslado do ferido a un centro hospitalario unha vez que foi liberado polos efectivos do parque municipal de bombeiros da cidade.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta