Conclúen os labores de extinción do incendio que arrasou un estaleiro de Pontevedra con tres barcos dentro

Activáronse os protocolos anticontaminación na ría para evitar fugas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2019 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

O incendio que arrasou este sábado unha nave industrial e afectou a tres embarcacións que se atopaban no dique seco da empresa, no lugar de Os Praceres, na parroquia pontevedresa de Lourizán, quedou "totalmente extinguido", informou o1 12 Galicia.

Os servizos de emerxencias, que continuaron cos labores de extinción ata as primeiras horas da mañá deste domingo, deron por finalizada a súa intervención despois de sufocar os últimos focos e arrefriar a zona.

O incendio declarouse sobre as 00,00 horas da madrugada deste sábado e, para evitar que os procedentes da extinción afecten o medio ambiente, despregáronse barreiras na zona no marco do Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal), concretou o 112.

As chamas afectaron a unha nave de 2.000 metros cadrados, dous barcos que se atopan no recinto rexistraron danos considerables e un terceiro tamén resultou afectado. As autoridades ratificaron que non se produciron danos persoais.

Estaleiro de Pontevedra despois do incendio que se propagou dentro da nave industrial
Estaleiro de Pontevedra despois do incendio que se propagou dentro da nave industrial | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta