Investigan un suposto intento de secuestro de tres nenas na Laracha

Unha das menores explicou que un dos homes portaba unha navalla.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/11/2019 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A Garda Civil mantén aberta unha investigación por suposto intento de secuestro de tres menores na Laracha, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Benemérita.

En concreto, precisaron que se investiga a identidade de dous homes despois de que as menores asegurasen que, cando estaban nun parque deste municipio coruñés, dúas persoas baixaron dun vehículo.

Unha das nenas explicou que un dos homes portaba unha navalla. Tamén confirmaron que, nese momento, os tres saíron correndo sen que estas dúas persoas chegasen a achegarse a elas.

Tras estes feitos, que se produciron o día 9, e a presentación da denuncia, a Garda Civil abriu unha investigación para identificar e localizar aos dous individuos.

Garda Civil. GARDA CIVIL
Garda Civil. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta