A UDC e a Mancomunidade de Ferrol crean unha cátedra de emerxencias e protección civil

A creación desta cátedra parte da necesidade dos profesionais e técnicos locais de unificar coñecementos e criterios.

Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 11/11/2019 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña (UDC) e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol asinaron un acordo para a posta en marcha dunha cátedra de xestión de emerxencias e protección civil.

O alcalde de Ferrol e presidente da mancomunidade, Ángel Mato, e o reitor da UDC, Jilio Abalde, selaron na tarde deste luns o convenio para a creación desta cátedra nun acto celebrado no Concello.

O Consistorio ferrolán destacou que a creación desta cátedra parte da necesidade dos profesionais e técnicos locais de unificar coñecementos e criterios e dispor de documentación científica sobre emerxencias e protección civil que os axude no seu labor.

Segundo indicou, a idea xurdiu de técnicos municipais dos municipios de Ferrol e Narón pero a intención é "sumar" a todas as administracións que estean interesadas. De aí, indicou, que se canalizase a través da Mancomidade, que contribuirá á cátedra cunha achega de 20.000 euros.

O convenio inclúe unha comisión de seguimento que estará composta por representantes tanto da mancomunidade como da UDC e Moisés Alberto García Núñez será o director da cátedra.

Relatorio na AGASP de Silleda con voluntarios de Protección Civil
Relatorio na AGASP de Silleda con voluntarios de Protección Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta