Sánchez e Iglesias chegan a un acordo de Goberno no Estado e buscan o apoio de nacionalistas non independentistas

Os líderes do PSOE e de Unidas Podemos agardan que a este pacto se sumen os nacionalistas do PNV e do BNG, Más País, o Partido Regionalista de Cantabria, Coalición Canaria ou Teruel Existe.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/11/2019 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, e o líder de Podemos, acadaron este martes un acordo de goberno "ilusionante", en palabra dos dous, que busca o desbloqueo político que durante tantos meses afectou ao Estado.

Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos)
Pedro Sánchez (PSOE) e Pablo Iglesias (Podemos) | Fonte: RTVE.

"Os españois falaron e correspóndenos aos partidos responder á súa vontade", dixo Sánchez, mentres que Iglesias destacou a honra que supón para a súa formación formar parte do Executivo. Ambas as formacións integrarán un Executivo de coalición co xefe dos morados como novo vicepresidente.

Os dous líderes solemnizaron o pacto este martes pasadas as 14 horas. Asinaron un documento programático no Congreso, que actuará como folla de ruta do novo Gabinete. Un texto que fixa entre as súas prioridades a loita contra a corrupción e o cambio climático, a aprobación de novos dereitos, o despregamento de políticas feministas ou a garantía da "convivencia" en Cataluña, co fomento do "diálogo" sempre "dentro da Constitución".

Socialistas e morados suman, tras os comicios do 10-N, 155 escanos, dez menos que tras as xerais do 28 de abril. Pero esa maioría completaríase cos tres deputados de Más País e probablemente os sete do PNV. Tamén buscan que ese acordo sexa apoiado polo BNG, o Partido Regionalista de Cantabria, Teruel Existe ou Coalición Canaria.

O acordo chega logo de intensas negociacións de distintos dirixentes nas últimas horas e despois de que Pablo Iglesias indicara o pasado domingo a súa vontade de formar un Executivo progresista, que necesitaría o concurso dos independentistas, para frear a Vox. "O 28-A había unha oportunidade histórica para formar un Goberno de coalición, agora é unha necesidade histórica", porque se trataría "da única maneira para frear á extrema dereita no noso país, cun Goberno con estabilidade suficiente e que garanta políticas sociais", asegurou o líder de Unidas Podemos en comparecencia ante os medios de comunicación, entón.

REACCIÓNS

Tras coñecerse o acordo comezaron a sucederse as reaccións en Galicia.

PREACORDO

Estes serían os puntos do Preacordo acadado segundo publica El Confidencial:

 

1. Consolidar el crecimiento y la creación de empleo. Combatir la precariedad del mercado laboral y garantizar trabajo digno, estable y de calidad.

 

2. Trabajar por la regeneración y luchar contra la corrupción. Proteger los servicios públicos, especialmente la educación – incluyendo el impulso a las escuelas infantiles de cero a tres años-, la sanidad pública y la atención a la dependencia. Blindaje de las pensiones de nuestros mayores: asegurar la sostenibilidad del sistema público de pensiones y su revalorización conforme al coste de la vida. La vivienda como derecho y no como mera mercancía. Apostar por la ciencia como motor de innovación económica y dignificar las condiciones de trabajo del sector. Recuperar talento emigrado. Controlar la extensión de las casas de apuestas.

 

3. Lucha contra el cambio climático: la transición ecológica justa, la protección de nuestra biodiversidad y la garantía de un trato digno a los animales.

 

4. Fortalecer a las pequeñas y medianas empresas y a los/as autónomos/as. Impulsar la reindustrialización y el sector primario. Facilitar desde la Administración las bases para la creación de riqueza, bienestar y empleo, así como el impulso digital.

 

5. Aprobación de nuevos derechos que profundicen el reconocimiento de la dignidad de las personas como el derecho a una muerte digna, a la eutanasia, la salvaguarda de la diversidad y asegurar España como país de memoria y dignidad.

 

6. Asegurar la cultura como derecho y combatir la precariedad en el sector. Fomentar el deporte como garantía de salud, integración y calidad de vida.

 

7. Políticas feministas: garantizar la seguridad, la independencia y la libertad de las mujeres a través de la lucha decidida contra la violencia machista, la igualdad retributiva, el establecimiento de permisos de paternidad y maternidad iguales e intransferibles, el fin de la trata de seres humanos con fines de explotación sexual y la elaboración de una Ley de igualdad laboral.

 

8. Revertir la despoblación: apoyo decidido a la llamada España vaciada.

 

9. Garantizar la convivencia en Cataluña: el Gobierno de España tendrá como prioridad garantizar la convivencia en Cataluña y la normalización de la vida política. Con ese fin, se fomentará el diálogo en Cataluña, buscando fórmulas de entendimiento y encuentro, siempre dentro de la Constitución. También se fortalecerá el Estado de las autonomías para asegurar la prestación adecuada de los derechos y servicios de su competencia. Garantizaremos la igualdad entre todos los españoles.

 

10. Justicia fiscal y equilibrio presupuestario. La evaluación y el control del gasto público es esencial para el sostenimiento de un Estado del bienestar sólido y duradero".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

4 Sil do can

Estes comentarios amosan a rabia de quen non é ninguén. Dos que non comen nin deixan comer. De seres ruíns. E vós de quen vides sendo queridos amigos? Os pobos son o que queren os seus cidadáns e este pobo xa se ve de que individuos está feito. Vivir ao lados deles é como vivir ao lado dos vómitos.

3 Xian do Sil

O BNG vai como o vello Xan das Bolas. Folklore do Noroeste e Toros da Peregrina. Fai un sol de carallo que cantaba o logo preboste $$$$ da SGAE. E Pontona seguerá na poltrona

2 Fran Correa

O BNG vai no lote dos rexionalistas cántabros, do Errejón e da Bescansa, dos canarios, dos vascos con conselleiros en Iberdrola, dos de Teruel... O BNG xoga en segunda división!!! Autoanemia, autonomismo e subordinado ao que dicte o PsoE. O seu papel é menos relevante que o da trepa Yolanda, polo menos esta aspira a ministra. Outra cousa son as CUP, ERC, JxC, Bildu. Deixen de enganar: chámense Bloque Rexionalista Galego e Unión da Comunidade de Veciños, o chiringuito baixo presidencia do PsoEspañol.

1 Gamela

Castelao (dixit): “nós temos fé no noso povo e moi logo o noso povo terá fé en nós”. UPG (dixit) "nós xa non temos fé no noso povo e o noso povo xa non ten fé en nós". A DISOLUCIÓN é o ÚNICO REMEDIO http://www.galiciaconfidencial.com/... E ao día seguinte pensar entre todas no futuro de Galicia 2020 !!!

1 Gamela

Se este preacordo chega a materializarse é hora xa de pedir publicamente a renuncia do deputado da UPG Néstor Rego (xa que os seus acordos cos partidos da autodeterminación cataláns e vascos deixaría novamente a Galicia fóra de xogo!) UPG DISOLUCIÓN! Galicia non pode xogarse o futuro para manter élites políticas nas que ninguén acredita! Galicia NON é Polonia !!! https://youtu.be/R1R_aCVTHOo Os votantes do BNG deberan tomar medidas urxentes antes da constitución das cámaras! En clave galega esta purga da UPG é imprescindible para ter unha ESQUERDA GALEGA digna de tal nome en 2020 !!! UPG DISOLUCIÓN