Unha ducia de ríos galegos están en risco de desbordamento polas choivas

O 112 Galicia recomenda abandonar calquera actividade que se realice en cursos fluviais porque pode sorprender a subida do nivel.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

Unha ducia de ríos galegos presenta risco de desbordamento puntual pola crecida do caudal, informou o 112 Galicia. Ademais, na cidade de Ourense, pola crecida do Miño debido ás choivas, prohibiuse o baño en áreas termais.

Segundo os datos facilitados polo 112, o aviso de posible crecida do caudal afecta os ríos Ouro, Covo, Landro, Eume, Mandeo, Xallas, Tambre, Ulla, Umia, Lérez, Verdugo, Oitavén e, dentro da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o Ladra.

Por iso, o 112 Galicia recomenda, ante este aviso de posible crecida do caudal, abandonar calquera actividade que se realice en cursos fluviais porque pode sorprender a subida do nivel; así como retirar vehículos da marxe dos ríos e evitar atravesar pontes ou torrentes.

No caso concreto de Ourense, o Concello da cidade avisou que, debido ás "choivas constantes" dos últimos días e á crecida do caudal do Río Miño, a Concellaría de Termalismo balizou os espazos termais da Chavasqueira como os de Muíño da Veiga. Así, advirte de que "queda prohibido o baño nestas áreas termais" mentres non baixe o caudal do río.

Esta medida de prevención e precaución "reverterase e comunicarase", destaca o Concello de Ourense nun comunicado, "en canto o nivel do río volva situarse en cifras aptas para o baño" e "así o constaten os técnicos municipais da área de Termalismo", puntualizou.

Río Miño
Río Miño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Toño

os ríos galegos estan abandoados e sen limpar, a maior parte contaminados e cheos de lixo.