A Deputación de Pontevedra sinala que "non hai nada máis urxente que loitar contra as violencias machistas"

O ente provincial presentou unha campaña polo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero e que leva o nome 'Sementando para a igualdade' que se estenderá desde esta mesma semana ata decembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada de deputados, alcaldes e mulleres implicadas nos programas de igualdade da institución, presentou un calendario de actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A presentación contou coa proxección de varios vídeos e a música reivindicativa de Laura Lamontagne e finalizou co despregamento de dúas lonas actualizadas na fachada principal do edificio cos nomes das mulleres asasinadas pola violencia machista. Son 51 no que vai de ano e desde que se contabilizan os datos da violencia machista 1.027 mulleres asasinadas en España.

A campaña da institución provincial polo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero leva o nome 'Sementando para a igualdade', e estenderase desde esta mesma semana ata decembro, para reivindicar, tal e como asegurou a presidenta, que "non hai nada máis urxente nin máis prioritario que loitar contra as violencias machistas".

Leste mesmo mércores 13 de novembro comeza a programación no Palacete das Mendoza en Pontevedra coa presentación do catálogo 'Abrandares do silencio', un acto que se repetirá en Vigo o xoves día 15 no Museo Marco. Tamén este xoves 14 a exposición de bonecas Barbies intervidas 'Rompe, Xoga en Igualdade', chegará ata o Auditorio de Soutomaior onde permanecerá ata o 11 de decembro. A mesma mostra, pero a través de paneis, viaxará o 20 de novembro ata a sede de Foanpas en Vigo.

O 25 de novembro arrincará o V edición do programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero', comisariada por Paula Cabaleiro, en Pontevedra (ás 12,00 horas) e Vigo (19,00 horas) con dúas performances chamadas 'Pan duro I e II' protagonizadas por Ana Xesto, María Marticorena, Ana Matey e Isabel León. A quinta edición de 'Violencia Zero' desenvolverá ao longo dos 12 meses do ano en 25 concellos da provincia acciones de poesía e literatura, música, grafitti, danza contemporánea e acción escénica.

A principal novidade desta nova edición é o impulso da participación directa da cidadanía, con traballos colectivos que van implicar a centros escolares e ao tecido asociativo da provincia, pondo especial énfase na mocidade. O 27 de novembro terá lugar a presentación dun "grafitti colaborativo" que se fará nos muros do centro penal da Lama, coa colaboración de persoas internas e que se centrará na desigualdade de oportunidades e loita contra diferentes violencias machistas.

Tamén, e no marco desta programación, chegará en decembro 'Ramonas on tour', liderado por Patricia Moon, ata Vilagarcía de Arousa. Este programa da Deputación ten por obxectivos concienciar sobre a igualdade con concertos, exposición e conversacións sobre a situación das mulleres na cultura. Así, programouse un coloquio no que se profundará sobre as mulleres na industria cultural baixo o nome 'Nunca máis sen nós' e, por último un concerto.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta