Temas: PSDEG PPDEG SENADO

O PPdeG volve elixir os exconselleiros Elena Muñoz e Jesús Vázquez como senadores por designación autonómica

O actual portavoz dos socialistas na Cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, será o escollido polo PSdeG

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/11/2019 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Os populares galegos volveron elixir a que fora presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, e ao exalcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, para ser nomeados senadores por designación autonómica no pleno ordinario da próxima semana. 

Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo
Jesús Vázquez, con Alberto Núñez Feijóo | Fonte: xunta.es

Ambos os exconselleiros da Xunta baixo os mandatos de Alberto Núñez Feijóo xa foran os nomes propostos para ocupar os dous postos que lle corresponden ao PPdeG no Senado por designación autonómica dada a súa condición de primeira forza na Cámara galega.

Ambos os exconselleiros de Feijóo serán elixidos formalmente senadores por designación autonómica no pleno extraordinario convocado para ese efecto para o vindeiro martes no Pazo do Hórreo.

Nesta sesión da Cámara tamén será desginado senador o actual portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen deixará a Cámara galega para ocupar o posto que os socialistas terán no Senado por ser segunda forza en Galicia.

Na pasada lexislatura errada no Estado, o exconcelleiro da Marea Atlántica na Coruña José Manuel Sande foi o senador escollido polo grupo de En Marea, unha decisión que terminou por rachar formalmente este grupo parlamentario e pola que os rupturistas perderon a condición de segunda forza en favor do PSdeG.

Temas: PSDEG PPDEG SENADO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta