Colectivos de doazón de sange e órganos reciben o Grelo de Ouro da Fundación Amigos de Galicia

Desde Fundación Amigos de Galicia decidiuse homenaxear este ano ás entidades, colectivos e persoas que fan posible o funcionamento do programa de doazóns e transplantes que "permiten salvar tantas vidas e mellorar a vida de moitas persoas", destacaron.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2019 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A Fundación Amigos de Galicia entrega este sábado 16 de novembro o XXXII Grelo de Ouro á Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia ADOS, á Federación Alcer Galicia, ás asociacións Airiños e Adrovi e a todos os colectivos e persoas doantes de órganos e transplantes de Galicia.

Segundo indicaron a través dun comunicado, o Premio personalizarase a título individual na familia e persoa de José Antonio Alonso Miranda, socio da entidade falecido recentemente e doante de todos os seus órganos.

O acto será presidido polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e presentado pola responsable de comunicación de Fundación Amigos de Galicia, Paula Chapela Bamio.

Desde Fundación Amigos de Galicia decidiuse homenaxear este ano ás entidades, colectivos e persoas que fan posible o funcionamento do programa de doazóns e transplantes que "permiten salvar tantas vidas e mellorar a vida de moitas persoas", destacaron.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia, agora Axencia de Doazón
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia, agora Axencia de Doazón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta