Os organizadores do Congreso de Criminalística reúnense con Rueda

O vicepresidente da Xunta recibiu tamén a un dos policías galegos feridos en Barcelona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2019 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu este venres aos organizadores do II Congreso Internacional de Criminalística e a un dos dous policías nacionais galegos que resultaron feridos en acto de servizo en Barcelona. Os dous axentes recibirán a Medalla ao Mérito Profesional e Académico no marco deste congreso.

Na reunión deste xoves participaron o director e o secretario xeral do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (Inica), Luís Alamancos e Antonio Busto; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o comisario da Policía autonómica, Fernando Pico. O II Congreso Internacional de Criminalística Aplicada, organizado por Inica, empeza este venres na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) na Estrada.

O evento, que se prolongará ata este sábado, está dirixido aos profesionais das forzas e corpos de seguridade e doutros servizos de emerxencias. Durante estes días, expertos de renome abordarán as distintas vertentes da investigación criminal a través de relatorios e mesas redondas.

Por outra banda, o vicepresidente galego visitou este venres Porto do Son que, grazas a ordes de axudas do seu departamento, recibiu nos últimos anos máis de 1,5 millóns de euros para diversas actuacións ambientais e de mellora de equipamento e infraestruturas. Durante a visita, destacou a importancia da colaboración da Administración autonómica e a local, para executar proxectos que melloren a calidade de vida e redunden no benestar da cidadanía.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibe aos organizadores do congreso de Criminalística e a un dos policías nacionais feridos en Barcelona. XUNTA
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibe aos organizadores do congreso de Criminalística e a un dos policías nacionais feridos en Barcelona. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta