Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 14:35
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, está convencida de que "a forza política emerxente" que deixaron os resultados do pasado 10 de novembro se trasladará ás eleccións á Xunta do 2020.
Así o manifestou este sábado despois da celebración do Consello Nacional do partido, no que Pontón precisou que a "clave para seguir adiante" é "confiar en Galicia, non autolimitarse, actuar con humildade e traballar polos dereitos sociais" para "establecer unha alternativa propia" a Galicia.
Ademais, cre que despois "dos segundos peores resultados da historia do PP" en Galicia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "non terá maioría absoluta" nos próximos comicios autonómicos. Un feito que dá "esperanza" aos nacionalista.
O Bloque sairá "desde xa a sumar unha alternativa que pode construír un futuro mellor para o país" cun "proxecto propio que non está subordinado" a outros poderes e que quere "dar solución aos problemas económicos e sociais" a través de "a capacidade" que ten Galicia.
Con este pretexto, o partido designará unha candidatura para a Xunta que abre o seu proceso de elección a través da decisión da militancia e que se coñecerá de forma oficial o 18 de xaneiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.